Animación á lectura

Visita á Biblioteca Municipal

   

  Hoxe, 15 de novembro, o alumnado de  4º A e 4 B fomos á Biblioteca Municipal, no Alto do Castiñeiro, para coñecer ben estas instalacións e as posibilidades que nos ofrecen.

   Fixemos o desprazamento en autobús. Un primeiro un grupo de nove e media a dez e media, e logo, o segundo grupo,  de dez e media a once e media.

   Na biblioteca, Ainhoa, unha bibliotecaria moi amable, ensinounos as tres plantas do inmoble e como  está organizado o funcionamento desta biblioteca en xeral.

   Temos información na súa páxina web http://biblioteca.naron.es/labiblioteca.php

Actividades de Biblioteca no segundo ciclo de Primaria

   O alumnado do segundo ciclo de primaria estivemos participando en actividades de acercamento á Biblioteca do centro.

   Arredor da data de conmemoración do "Día das Bibliotecas" (o 24 de outubro ) fomos toda a clase xunta á biblioteca e fixemos unha pequena festa, con invitación incluida.

   Había bandexas de libros cas novedades, recomendacións,... todos moi interesantes e que poidemos follear a pracer... Ao remate, cada neno levou un libro en préstamo para a súa casa.

   Ah! Esquecíame decir que tamén había galletas que compartimos entre todas e todos moi gustosamente.

24 de outubro: Día Internacional da Biblioteca

"El que lee mucho y viaja mucho, sabe mucho y ve mucho". Esta frase de Miguel  de Cervantes, autor del libro Don Quijote de la Mancha, fainos reflexionar sobre a importancia de ler e viaxar. de llibro D

 Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día Internacional da Biblioteca e a súa importancia como punto de encontro para todas aquelas persoas ás que lles gusta ler. Os que asisten ás bibliotecas, tanto este día como calquer outro, adéntranse, a través da lectura, no mundo da cultura, da imaxinación, da formación,..

Esta data celébrase no centro con diversas actividades promovidas dende a biblioteca do centro.

Aquí vos deixamos o cartel deste ano e un enlace onde podedes atopar escritores, libros, ideas..., e, outras cuestións  que  permiten somerxerse no mundo da lectura.

 

 

Lembramos que a biblioteca escolar está aberta tódalas tardes de 16.00h a 18.00h -agás as dos martes- e, nela, podedes atopar unha grande variedade de libros de lectura, consulta,...tanto en galego coma castelán ou inglés. 

Lecturas para a igualdade

Ao longo desta semana, do 23 ao 26 de maio, dentro do Programa de Animación á Lectura ofertado polo Concello aos centros educativos, o alumnado de E. Infantil, 1º ciclo de Educación Primaria e 3º curso do 2º ciclo, están a participar en diversas actividades segundo o proxecto "Lecturas para a igualdade".

Tanto as reseñas dos libros traballados coma a letra da canción que ambienta esta actividade, pódese descargar nos adxuntos .

 

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

  As BIBLIOTECAS dos colexios e institutos públicos de FERROLTERRA adicámoscho. Preme aquí.

"Carga coas túas dúbidas e entra na biblioteca. Aí están todas as respostas das que dispón o home. Non son todas as que o home quixera, pero de momento é o que hai. Le, neno, enche as maletas, pero non por iso deixes de correr e rir, cantar e namorarte. A vida tamén é un bo libro e merece a pena lelo con ledicia."

 Xoán Farias

Mar Guerra e A Solaina

Hoxe gozamos falando de escribir.

A escritora Mar Guerra, "Premio Merlín de Literatura Infantil 2008 de Xerais", encheu coa súa naturalidade a nosa biblioteca de realidade e fantasía.

O motivo da visita? Transmitirnos a ledicia da lectura e da escritura a través do seu libro que estamos a ler:" Xenaro e a hucha do indiano", libro no que como ela ben di, nada é o que semella.

A partir das nosas preguntas, fomos descubrindo o seu segredo de ser escritora: superarse a si mesma.

Contounos que os seus temas baséanse na vida cotiá, na realidade que observa, nos sentimentos... e, ensinounos que, coa constancia, todo, todo se pode conseguir.

Falounos con orgullo das súas orixes, da súa vida  e, de que o mellor de todo de conseguir o premio é poder ir aos colexios para estar connosco

Rematamos a mañá cun xogo de palabras escritas por nós das que seleccionamos as que máis nos gustaron tanto polo seu son coma polo seu significado.

Grazas Mar polo bo rato que pasamos hoxe contigo.

Os nenos e nenas de 6º dende o programa de Animación á lectura.

 

LENGUA CASTELLANA : " Nata y Chocolate"

Hoxe foi un día especial no noso centro.

Estivemos agradando a escritora Alicia Borrás Sanjurjo, autora do libro "Nata y chocolate".

Lemos este libro os alumnos de 5º curso  no Proxecto Lector cunha gran satisfacción dende un principio, e esperamos impacientes que a súa autora nos falara del.

Alicia nos trasladou a realidade do acoso escolar a través de Sonia-apodada Nata por ser albina-e Lola, protagonistas principais da obra. Nos describe no libro como Sonia, nena calada e solitaria, sofre os abusos dunha compañeira, feitos nos que ninguén repara  ata a chegada dunha nova mestra que fai que todo cambie para elas.

A autora, cunha grande sensibilidade e cercanía cara nós, respostou a todas as nosas preguntas, dando así viveza ao libro que... mirade si nos gustou, que algún de nós o adquiriu para a súa biblioteca da casa, tendo así a oportunidade de poder  adicarllo Alicia Borrás.

As curiosidades de cando o escribiu, en que e quen se baseou para idealo, como foi a relación coa ilustradora... foron dando forma a todas as nosas dúbidas.

Dende 5º A e 5º B volo recomendamos¡¡¡¡

 

Distribuir contido