6ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN

Como estos últimos cursos e van... seis, o equipo de educación viaria do concello de Narón organizou a 6ª marcha ciclista escolar como remate ás actividades deste curso.

Ás 10 horas saímos do colexio para agruparnos cos demais coles participantes no aparcadoiro de costume. Dende alí continuamos o noso camiño cara o paseo de Xubia facendo paradas para recoller aos outros colexios.

Ao chegar, aparcamos as nosas bicis no lugar asignado e despois fomos recoller o almorzo que nos tiña preparado a organización.

Despois de toma-lo almorzo comezaba a festa con música para bailar todos xuntos, pero o tempo xugounos unha mala pasada e... tivemos que voltar apuradamente para os nosos coles sen remata-la festa que estaba preparada.

Bueno, o ano que ven esperamos que o tempo nos axude, mentres tanto podedes ver algunhas imaxes da marcha na galería que ven de seguido.

 Vémonos o vindeiro curso e felices vacacións!


6ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN

CORRELINGUA 2013

 O pasado luns, día 13 de maio, e con motivo a 13ª edición do  Correlingua   o alumnado de 2º e 5º de Primaria participou activamente nesta nova convocatoria.

O lema deste ano: Galego, a chave do mundo serviu para que todos os participantes desfrutaran neste acto de apoio e defensa da nosa lingua.

A xornada contou con actividades ao aire libre na Alameda de Ferrol, xogos e diversos actos no Teatro Jofre.

 

VISITA Á CAPELA DA "O" EN PEDROSO

O venres, día 10 de maio, fomos convidados a visita-la capela da Virxe da "O" pola concellería de turismo do concello de Narón.Tódolos participantes levamos o noso pano de "romeiros" que nos regalou o concello.

As 10:30 horas partimos dende o colexio camiñando ate a estación de Sta. Icía para colle-lo tren que nos levaría ata a estación de San Sadurniño.

Unha vez alí, collimos as nosas bicicletas e pedaleamos durante uns catro kilómetros  acompañados polos alumnos-as e profesores-as do colexio de San Sadurniño ata chegar a capela da "O" en Pedroso.

Á chegada alí nos agardaban a concelleira de turismo e o vicepresidente da asociación de veciños que nos recibiron e nos deron un diploma acreditativo da nosa chegada ata a capela. Despois de almorzar e repoñer forzas, fixemos unha visita á capela onde a arquiveira do concello de Narón nos explicou a orixe,tradicións e costumes da Romaría da Virxe da "O".

Sobre as 12.30 horas regresamos algo cansos, pero mopi satisfeitos desta xornada onde aprendimos máis sobre as nosas tradicións e ó mesmo tempo nos divertimos cos nosos compañeiros.

Foi unha experiencia moi interesante... podedes ve-las fotos na galería de imaxes.

Actividade: "Que non arda o noso monte"

 
 O venres 10  e o  luns, 13 de maio, a visita dun grupo de membros  do Distrito Forestal I - Ferrol- fixo que o alumnado pasase unha  agradable e didáctica xornada.

  Membros do grupo explicaron ao alumnado como é o día a día dos  homes e mulleres que, cando hai un lume nos nosos montes,  traballan  arreo para apagalo e minimizar os seus danos. Por outra  banda, insistiron na importancia da prevención dos lumes.

  Os nenos e nenas quedaron sorprendidos de como con pequenos  xestos ao alcance da súa man, tales como apagar ben o lume despois  dunha fogueira, extremar precaucións coas cabichas...poden contribuir a  coidar os nosos montes e evitarlles este tipo de danos.

  O incendio de hai un ano nas nosas queridas Fragas do Eume estivo    moi presente durante a charla.Visualizaron imáxes do acontecido, da    súa orixe e desfrutaron cunha presentación titulada O home do lume que serviu a todos nós para formarnos máis polo miúdo sobre este tema.

   Esta visita tivo, ademais, un interesante compoñente práctico pois  durante uns minutos os rapaces formaron parte da súa propia brigada antiicendios.








Visita do alumnado de CEE Terra de Ferrol

Representación: " A tartaruga que quería durmir" on PhotoPeach

 O xoves 9 de maio un grupo de nenos e nenas do CEE Terra de Ferrol  representaron para o alumnado de Infantil o conto tradicional "A tartaruga que quería durmir". O alumnado acudiu acompañado de mestras destinadas con anterioridade no noso centro.

  O teatro sempre é unha ferramente para facernos reflexionar, e neste caso, a través desta representación puidemos desfrutar e valorar importancia da amizade.

  Pola nosa banda, quixemos agradecerlles a súa visita e dedicación co agasallo dun par de contos que lles entregamos con grande satisfacción.

  ¡Moitas grazas pola vosa visita e xa sabedes que as portas do colexio están sempre abertas para vós!

Os Maios na Solaina

Un ano máis no noso centro se lle dá a benvida ao bo tempo coa tradicional "Festa dos Maios"que

se iniciou  estes primeiros días do mes das flores, como manda a tradicción.

Os máis pequenos puideron disfrutar da elaboración do orixinal "Maio".

Estas composicións fixéronse con flores, herbas, froitas... de materiais de reciclaxe e funxible.

Como broche final, a mediados de mes, celebrarase unha actuación especial

na que  dende  Educación musical estase poñendo todo o interese para que sexa un gran acontecemento!


Elaboración do Maio 1º ciclo e Educación Infantil.

Saída do 3º ciclo a Santiago

Fomos a Santiago, ía sendo hora.

O alumnado de terceiro ciclo fixo o martes 30 de abril unha saída á capital de Galicia, Santiago de Compostela. Pola mañá dividímonos, 5º visitou o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e 6º a Cidade da Cultura (CDC). Chegou a hora de xantar todos xuntos na Alameda, para despois do mediodía facer unha visita rápida ao centro histórico e á catedral. A última hora tocou o Museo do Pobo Galego (MPG). 

Toda a visita foi amenizada en boa parte do tempo pola deusa Chuvia e o deus Frío. Desde aquí agradecémoslles a súa colaboración por non descargar máis auga da que caeu nin máis vento do que nos acariñou. 

Se queredes ver as fotos premede aquí.

English projects

Our Projects. Classes 6A and 6B.
This is our last project. It´s about our favourite animals: wild animals from all over the world and popular pets,too.
We enjoyed animals and we enjoyed making these projects ,too.
Do you like them?


 

...e, de tanto ler...

Hoxe, as actividades do colexio tiveron un carácter especial. O panel da entrada recollía que o 23 de abril  se conmemora o Día Internacional del Libro

As iniciativas que levamos a cabo tiñan un claro obxectivo: fomentar no alumnado o gusto pola lectura no marco da conmemoración do Día do Libro.

Tanto o alumando coma os mestres tivemos presente a figura de Cervantes e o seu libro "El ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha".

Nas aulas, un amplo abano de actividades: música, imaxes, textos...relacionados coa mundialmente coñecida obra e, grazas ás novas tecnoloxías, visualización en directo da entrega do premio Cervantes ao escritor José Manuel Caballero Bonald

 

Bedrooms

My Bedroom

Several Year 3 children have made a nice work for us elaborating a scale model of their bedrooms along with texts describing the location of different items they’ve got.

There’s a small exhibition in the school atrium. Come and see it!

                                                                Mr.Ivan

My bedroom_2012-2013

Distribuir contido