A Biblioteca do centro reanuda a súa actividade

      A biblioteca do centro reabre as súas portas para continuar presentando, durante o curso académico 2013-2014, esa importante labor que realiza día a día, ano a ano: o fomento da lectura entre o alumnado.

Este ano a apertura de portas é especial por dous motivos. 

Por unha banda, porque a biblioteca vén de pasar por un periodo de reorganización dirixida a acadar melloras nos servizos que presta ao alumnado co fin último de adaptarse aos novos tempos e necesidades escolares. Así, o equipo de biblioteca  esmerouse nestes meses para que a partires de agora toda a comunidade educativa poida disfrutar co NOVO FONDO  de libros e material co que conta a nova instalación.

Por outra banda, porque a biblioteca do CEIP A Solaina pasa a formar parte do PLAMBE o que, sen dúbida, redundará no beneficio de todos aqueles que se acerquen a ela

Así que nenos e nenas da Solaina xa sabedes onde podedes descubrir novos mundos a través dun compañeiro ideal: un libro. 

Descarga aquí a organización e funcionamento

E para celebralo, nada mellor que retomar o blog.

 

A Biblioteca de Narón vén de organizar actividades para o 24 de outubro, Día das Bibliotecas.

As familias interesadas en participar nestes actos comunicarán a súa asistencia na propia Biblioteca ou no teléfono 981 382 173.

 

Cidade deportiva - Fundación Barrié - Biblioteca Nodal Coruña. 4º EP

   

 

Este luns, 14 de outubro, o alumnado de 4º de EP acudiu á "cidade herculina".
De entre os obxectivos desta saída destaca o apoio dos nenos e nenas ao emblemático club da cidade, o Deportivo, e ao achegamento do alumnado á ciencia por medio dos obradoiros científicos organizados pola Fundación Barrié.

Actividades organizadas para este día:

ü   

VISITA EN ABEGONDO ÁS INSTALACIÓNS DO DEPORTIVO DA CORUÑA. Adestramento do DEPORTIVO.

    O xornal dxt  CAMPEÓN   fíxose eco da visita.

ü  EDUCABARRIÉ: OBRADOIRO CIENTÍFICO “QUIERO SER... ASTRONAUTA!!!”

ü BIBLIOTECA PÚBLICA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS.

     Actividade: Na procura dun final feliz do libro de escritor Fernando Alonso.

         XANTAR: CIDADE DEPORTIVA DE RIAZOR. PALACIO DOS DEPORTES

Imaxes nos distintos momentos do día e traballos desta experiencia. 

 

Circular inicio de curso e outras novas

Achégase a circular de inicio de curso para coñecemento de todos os membros da comunidade educativa do CEIP A  Solaina.

 

  • Información  sobre a Campaña de alimentación saudable do curso 2013-2014.

Novas ANPA

Adxúntanse información de interese para os socios da ANPA:

Comedor escolar 2013-2014

Novas acerca do comedor escolar:

  • Segundo acordo do C. Escolar, tanto as SOLICITUDES presentadas coma as de nova incorporación, serán admitidas para USO do comedor escolar.

        RELACIÓN DE SOLICITUDES PRESENTADAS/ADMITIDAS.

LISTAXE DEFINITIVA  dos usuarios ao comedor escolar segundo os criterios de admisión. 

  • Puntualizacións ao DECRETO:

                Artigos de interese:

               Artigo 12:  A modalidade do comedor escolar deste centro é do tipo de xestión indirecta.

          Artigo 14: Corresponde á Consellería de Educación por medio da Axencia Estatal da Administración Tributaria establecer as bonificacións dos usuarios do servizo segundo a autobaremación presentada polos interesados e tramitada polo Centro.

                        (Unha vez recibido o contraste de datos, se fose necesario, serán informadas as familias afectadas)

B)

1º Ciclo na Granxa Do Souto

O pasado día 18 de xuño, o alumnado de 1º ciclo achegouse á Granxa do Souto en Mera (Ortigueira) para realizar a tradicional excursión de fin de curso.

Aquí deixamos mostra do divertido e interesante que resultou esta saída.





O MOSTEIRO DE SAN MARTIÑO DO COUTO

   Todo o terceiro ciclo de primaria fomos a pé ata o Mosteiro do Couto para admirar esta marabillosa xoia do románico.

   Ali contamos cas explicacións do historiador   Andrés Pena   quen nos ilustrou sobre a importancia deste lugar.

   Unhas fotos desa xornada.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE QUINTO

   O pasado venres estivemos na ILLA  DE   ONS  para pasar xuntos unha xornada inesquecible.

   Logo de dúas horas de autobús, embarcamos en Portonovo rumbo á  illa nunha travesía de coarenta e cinco minutos.

   Contamos  coas explicacións das nosas guías Mela e Andrea, que cada unha cun grupo, fóronnos explicando moi ben como é a vida en Ons, tanto para a flora como a fauna e tamén para os humanos.

   Rematamos ás dúas da tarde unha marcha que nos levou polo faro e a ladeira norte da illa. Comemos o xantar como piratas  e logo pasamos un bo rato na praia: fútbol-area, paseo nas rochas, tomamos o sol,...( O malo foi que Teresa non nos deixou bañar, disque "por si acaso..." )

   Chegamos a Narón ás oito da tarde, cansos pero felices. Aqui están algunhas fotos deste día.





Visita ás Médulas do alumnado de 4º EP

Os días  6 e 7 de xuño o alumnado de 4º de EP realizou a súa correspondete excursión de fin de curso acompañado dos seus titores.

O lugar de destino foi nada máis e nada menos as Médulas, na provincia de León e lugar declarado Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade. Tratábase, polo tanto, de que o alumnado contemplase e coñecese esta espectacular paisaxe formada por unha antiga explotación de mina de ouro. O resultado foi máis que satisfactorio: os nenos e as nenas desfrutaron deste impresionante entorno a través dun amplo programa de actividades lúdicas.









Sorpresa de fin de curso!


 

O alumnado da Solaina, especialmente o afeccionado aos deportes en xeral e ao fútbol en particular levou estes días unha máis que agradable sorpresa. Grazas á colaboración da Federación Española e a Federación Galega de Fútbol, as instalacións do centro tiveron por unhas horas uns preciados tesouros:

·         Copa Mundial de la FIFA Sudáfrica 2010.

·         Copa do Campeonato Europeo de Fútbol da UEFA 2008 ( Austria e Suiza).

·         Copa do Campeonato Europeo de Fútbol da UEFA  2012 (Polonia e Ucrania)

Non temos palabras, pero si imaxes, para explicar o que sentiu o noso alumnado cando tivo tan preto de si os trofeos que levantaron os seus ídolos para celebrar as tan merecidas victorias.


 

Distribuir contido