Samaín-Magosto_1º EP

O alumnado de 1º, que este curso se iniciou na etapa de Educación Primaria, aplicou os seus coñecementos previos sobre o Samaín e o Magosto ambientando a súa aula coas actividades que podedes ver nas imaxes.

Mostra de teatro Infantil e Xuvenil - Narón 2013

 O alumnado de 1º e 2º ciclo, acudiu este venres, 8 de novembro, ao Auditorio de Narón para participar na Mostra de Teatro 2013.

Teatro do Morcego representou a obra "Fábulas: O Rei e o Xardineiro" 

O musical infantil , cunha magnifica posta en escena, acaparou o interese de todos.

Baseado nun conto brasileiro,  potencia valores como o ecoloxismo e o  respecto pola 

natureza de xeito alegre e ameno.

Arrinca"O arcano da Solaina"

 

Durante o curso 2013-2014 o alumnado de 4º de Primaria do colexio estará inmerso en todo un reto: descifrar, a través de fórmulas matemáticas, un misterio no noso Concello.

Esta iniciativa, (Actividade de divulgación cofinanciada co Proxecto GRC2013-045), denominada "O Arcano da Solaina", enmárcase no proxecto ENCIENDE (Ensinanza das ciencias na didáctica escolar). 

 

En concreto, na Solaina o proxecto estará coordinado por Elena Vázquez Abal (USC), e Casto Rivadulla Fernández (UDC) quenes visitarán o colexio periódicamente para guiar ao alumnado de 4º, coa axuda das rúas respectivas mestres, nesta adiviña. 

O obxectivo final é acercar aos nenos e nenas deste ciclo no apaixoante mundo dos números dun modo ameno e divulgativo, á vez que incrementar o seu coñecemento sobre pequeñas historias do seu entorno máis inmediato e facerlle comprender a utilidade das matemáticas para solventar todo tipo de problemas.

Iremos contando os nosos avances nesta web. Polo momento, podemos adiantarvos que as tres clases están divididas en grupos e que, entre sí pero con moito segredo, comezan xa a darle voltas á cabeza a este reto…

O sol deste día otoñal permitiu levar a cabo a 1º adiviña. 

 

Programa de actividades extraescolares patrocinadas polo Concello

 Achégase o Programa de actividades extraescolares patrocinadas polo Concello de Narón para coñecemento de todos os  interesados.

 As solicitudes presentaranse no propio Concello.

 Unha vez rexistradas, no caso de que o número das mesmas sexa o suficiente, se desenvolverán no propio centro.

 

COA BICI AO COLE.

logo bici ao coleEstamos a facer unhas rutas seguras en bicicleta para que os alumnos-as veñan ao colexio e volvan a súa casa de forma segura. Todo este traballo está incluido dentro  do programa de Mobilidade que elabora o equipo de educación viaria do concello de Narón.

No colexio da Solaina hai dúas rutas en bici: unha,dende a zona do Alto na rúa do Rosal e outra, dende a zona da pista polideportiva (pista verde).

Para participar nesta actividade, podedes falar co policía local encargado do servizo, Pedro Caneiro, para concretar lugares e hora de encontro das diferentes rutas.

                                         Rutas seguras

Saídas extraescolares

Preme aquí para visualizar as saídas extraescolares do centro para o curso 2013-2014.

A Biblioteca do centro reanuda a súa actividade

      A biblioteca do centro reabre as súas portas para continuar presentando, durante o curso académico 2013-2014, esa importante labor que realiza día a día, ano a ano: o fomento da lectura entre o alumnado.

Este ano a apertura de portas é especial por dous motivos. 

Por unha banda, porque a biblioteca vén de pasar por un periodo de reorganización dirixida a acadar melloras nos servizos que presta ao alumnado co fin último de adaptarse aos novos tempos e necesidades escolares. Así, o equipo de biblioteca  esmerouse nestes meses para que a partires de agora toda a comunidade educativa poida disfrutar co NOVO FONDO  de libros e material co que conta a nova instalación.

Por outra banda, porque a biblioteca do CEIP A Solaina pasa a formar parte do PLAMBE o que, sen dúbida, redundará no beneficio de todos aqueles que se acerquen a ela

Así que nenos e nenas da Solaina xa sabedes onde podedes descubrir novos mundos a través dun compañeiro ideal: un libro. 

Descarga aquí a organización e funcionamento

E para celebralo, nada mellor que retomar o blog.

 

A Biblioteca de Narón vén de organizar actividades para o 24 de outubro, Día das Bibliotecas.

As familias interesadas en participar nestes actos comunicarán a súa asistencia na propia Biblioteca ou no teléfono 981 382 173.

 

Cidade deportiva - Fundación Barrié - Biblioteca Nodal Coruña. 4º EP

   

 

Este luns, 14 de outubro, o alumnado de 4º de EP acudiu á "cidade herculina".
De entre os obxectivos desta saída destaca o apoio dos nenos e nenas ao emblemático club da cidade, o Deportivo, e ao achegamento do alumnado á ciencia por medio dos obradoiros científicos organizados pola Fundación Barrié.

Actividades organizadas para este día:

ü   

VISITA EN ABEGONDO ÁS INSTALACIÓNS DO DEPORTIVO DA CORUÑA. Adestramento do DEPORTIVO.

    O xornal dxt  CAMPEÓN   fíxose eco da visita.

ü  EDUCABARRIÉ: OBRADOIRO CIENTÍFICO “QUIERO SER... ASTRONAUTA!!!”

ü BIBLIOTECA PÚBLICA MIGUEL GONZÁLEZ GARCÉS.

     Actividade: Na procura dun final feliz do libro de escritor Fernando Alonso.

         XANTAR: CIDADE DEPORTIVA DE RIAZOR. PALACIO DOS DEPORTES

Imaxes nos distintos momentos do día e traballos desta experiencia. 

 

Circular inicio de curso e outras novas

Achégase a circular de inicio de curso para coñecemento de todos os membros da comunidade educativa do CEIP A  Solaina.

 

  • Información  sobre a Campaña de alimentación saudable do curso 2013-2014.

Novas ANPA

Adxúntanse información de interese para os socios da ANPA:

Distribuir contido