Educación Viaria

MARCHA CICLISTA POLA IGUALDADE CONCELLO DE NARÓN.17-11-2017

 

Os escolares que asistiron cursan sexto de Primaria nos centros da Solaina, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, A Gándara e Ayala, de Narón, e no colexio de San Sadurniño. 

A saída dos escolares dos seus centros educativos, estaba prevista para as 10.30 horas e ás 11.15 chegaban nas súas bicicletas ao Auditorio municipal, na Praza de Galicia, tras percorrer diferentes tramos dalgunhas das principais vías da cidade.

Unha vez chegaron ao Auditorio, as nenas e nenos recibiron un pequeno avituallamento, nesta ocasión a base de auga e mandarinas, para repoñer forzas trala viaxe en bici. Ás 11.30 horas todos os escolares presenciaron o espectáculo "Maxia pola Igualdade" e sobre as 12.00 horas partiron de novo cara aos seus centros educativos. 

X MARCHA CICLISTA ESCOLAR. CONCELLO DE NARÓN 2017

Despois  de ter sido aprazada o pasado mes, o venres 16 de xuño poidemos participar na X Marcha ciclista escolar que organiza tódolos anos o Concello de Narón. 

Dende o colexio da Solaina participamos perto de 200 persoas,alumn@s,mestres-as e familias para despedir as actividades de educación viaria do presente curso escolar.

O curso que ven temos máis proxectos para levar a cabo no noso colexio que coñeceremos máis adiante, ata entón queremos que pasedes unhas FELICES e SEGURAS vacacións de verán.

Podedes ver algunhas imaxes nos arquivos adxuntos.

X MARCHA CICLISTA ESCOLAR. CONCELLO DE NARÓN 2017

APRAZADA PARA O VENRES 16 DE XUÑO

C.E.I.P. A SOLAINA-NARÓN.                                           EDUCACIÓN VIARIA      

                                                                      

                                X  MARCHA CICLISTA ESCOLAR.

                                                                           

O Concello de Narón convoca a tódolos alumnos-as de 3º,4º,5º e 6º cursos  de primaria, así como ás súas familias,  a participar na  X Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón o vindeiro venres, 16 de xuño 2017.

 

O noso grupo  partirá ao redor das 10:20 horas, dende o C.E.I.P. da SOLAINA, recollendo en cada colexio ao resto dos ciclistas do seu grupo.

Será imprescindible, para a participación neste evento, que os nenos e nenas traian a súa bicicleta e casco homologado para a realización da marcha.

A policía local xunto con protección civil, o moto club  e un grupo ciclista  de Narón acompañarannos durante todo o percorrido ata chegar o paseo de Xuvia onde se repartiran bocatas e bebidas.

Por último, recordar que o regreso farase de maneira inversa á ida, e iranse deixando os alumnos en cada centro antes das 14 horas.

Todos os familiares están convidados a participar neste evento coas súas bicicletas e cascos, precisando completar os seus datos (Nome, apelidos e DNI),por mor de cumprimentar o seguro de responsabilidade civil co que imos contar. Moitas grazas pola vosa colaboración e ate o vindeiro curso.

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

(Recortar para devolver asinado ao colexio ata o mércores 14  de xuño).

 

CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA Á  X  MARCHA CICLISTA ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN.

 

D/ Dna.  ………………………………………………………………………  pai/ nai/ titor

do alumno- a ………………………………………………………………………………..

do curso  ……....... do CEIP “A SOLAINA”, AUTORIZO a asistencia á X Marcha Ciclista Escolar do Concello de Narón.

 

Tamén participarán na Marcha Ciclista as seguintes persoas ADULTAS:

Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….

Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….

Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….

Nome e apelidos:..................................................................................DNI……………….

 

 

Asinado:

CALENDARIO ACTIVIDADES ED. VIARIA. 3 º TRIMESTRE.

 

 

                                                       Resultado de imagen de lolo anda en bicicleta

 

CEIP A SOLAINA         ED. VIARIA 2016-17

 

CALENDARIO  3º TRIMESTRE.

 

 

MES

DÍA

ACTIVIDADE

CURSO

Maio

Xoves,25

Obradoiros  seguridade  e prevención.

4º e 5º E.Primaria

 

Maio

 

Venres,26

APRAZADA

X Marcha ciclista escolar.

3º,4º,

5º e 6º Primaria

Maio

Mércores,31

Obradoiro medio- ambiental.

E.Primaria

GEOMOVE: INFORME SOBRE MOBILIDADE ESCOLAR NO C.E.I.P. A SOLAINA.

 

 

Xa temos o borrador do INFORME SOBRE MOBILIDADE ESCOLAR no colexio da Solaina,elaborado cos datos dos cuestionarios que completamos durante os meses de novembro e decembro pasados.Este informe axúdanos a preparar as rutas para os CAMIÑOS SEGUROS que poñeremos en marcha próximamente.

 

Pódese consulta-lo informe premendo no arquivo  adxunto.

PROGRAMA "BICA E ARRINCA".

O equipo de educación viaria do concello de Narón ven de poñer en marcha, dentro do plano de mobilidade, o programa BICA E ARRINCA para a contorna do colexio.

Os obxectivos principais son: desconxestionar e dar maior seguridade nas horas da entrada e saída dos alumn@s no colexio.

No arquivo adxunto pódese ler unha breve explicación do programa.

                                                 

 

 

CAMPAÑA SOLIDARIA DE DOAZÓN DE BICIS 2016.

O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA RETOMA A CAMPAÑA DE DOAZÓN E REPARACIÓN DE BICICLETAS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN
O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIARIA RETOMA A CAMPAÑA DE DOAZÓN E REPARACIÓN DE BICICLETAS PARA O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN

 O equipo de Educación Viaria Escolar do Concello de Narón, dependente da Concellería de Seguridade Cidadá, pon novamente en marcha a campaña “A túa vella bici vale un sorriso”. O concelleiro responsable da área, Guillermo Sánchez Fojo, destacou esta iniciativa, que permitirá un ano máis “reparar as bicicletas doadas por particulares para colaborar co Centro de Recursos Solidarios de Narón, onde se entregarán as bicis para que se poidan repartir entre os nenos e nenas con menos recursos e usuarios deste servizo”.
As persoas interesadas en colaborar nesta proposta solidaria poden entregar as súas bicicletas usadas no seu propio centro escolar –en horario lectivo- ou no Concello, en horario de mañá, ata o vindeiro 22 de decembro.
 
                   MOITAS GRAZAS e FELICES FESTAS  a tod@s.

CAMIÑOS SEGUROS: COLABORACIÓN CO PROXECTO GEOMOVE

Estimado miembro de la comunidad educativa,

 
Desde el cartoLAB , laboratorio del Grupo de Investigación sobre Visualización Avanzada y Cartografía de la ETS de Ingeniería de Caminos, Canales y Puertos de la Universidade da Coruña, y el resto de miembros del equipo GEOMOVE, queremos agradecerle su interés por colaborar con este proyecto sobre análisis de la movilidad escolar [2].
 
Tal y como se ha explicado en anteriores mensajes, le hacemos llegar la clave de acceso que permitirá a todos los miembros de su centro educativo responder a la encuesta planteada. Le agradeceríamos enormemente que facilitase esta clave a todos los profesores de su centro para que puedan participar también en esta iniciativa, y el análisis de movilidad que se realice en su centro, sea lo más real y adecuado posible.
 
Su clave de acceso es: cabina
 
Adjuntamos también el manual de usuario para los centros educativos colaboradores en el proyecto GEOMOVE, que le servirá de guía para completar correctamente el cuestionario (próximamente estará disponible también en la página web del proyecto [2]). Pero también desde el equipo de GEOMOVE, y durante los próximos meses de este año 2016, nos ofrecemos a colaborar en el desarrollo de la sesión en la que se plantee realizar la encuesta. 
 
Quedamos a su disposición para aclarar cualquier duda o recibir toda sugerencia que nos quiera realizar. Si lo considera conveniente, también le pedimos que difunda esta iniciativa entre otros compañeros que pudiesen estar interesados en participar.
 
Agradeciéndole su atención, reciba un cordial saludo,
 
 
 -----------------
David Fernández Arango
Investigador Proyecto GEOMOVE
 
CartoLAB - Laboratorio de Ingeniería Cartográfica  http://cartolab.udc.es - http://geomove.es
ETS Ingeniería de Caminos, Canales y Puertos | Universidade da Coruña | Campus de Elviña s/n - 15071 (A Coruña)
(34) 881 011 488

OBRADOIROS DE BICIS. NOVEMBRO 2016.

Este mes de novembro os alumn@s  de 3º e 4º de primaria,participaron en dous obradoiros no colexio sobre as partes e o uso da bicicleta.

Os monitores do equipo de educación viaria amosaron as partes da bicicleta e tamén explicáronlles o seu uso.Despois os alumn@s fixeron as prácticas nun circuito preparado no patio escolar.

Agardamos que estos coñecementos sexan de utilidade para despois realizar algunha visita didáctica en bicicleta  cos seus compañeir@s e mestr@s ao longo do curso.

Podedes ver algunhas imaxes na nosa Galería.

CALENDARIO ACTIVIDADES ED. VIARIA. 1º TRIMESTRE.

C.E.I.P. A SOLAINA.          ED. VIARIA 2016-17

CALENDARIO  1º TRIMESTRE. 

MES

DÍA

ACTIVIDADE

CURSO

Outubro

Martes,25

Teatro no Auditorio a pé

1º,2º

3º e 4º Primaria

Novembro

Martes,8

Teatro no Pazo a pé.

5º e 6º

Primaria

Novembro

Martes,15

Obradoiro e xincana en  bicicleta.

3º A

Primaria

Novembro

Xoves,17

Obradoiro e xincana en  bicicleta.

3º B

Primaria

Novembro

Martes,22

Obradoiro e xincana en  bicicleta.

4º A

Primaria

Novembro

Xoves,24

Obradoiro e xincana en  bicicleta.

4º B

Primaria

 

 

 

 

 

 

 

Outubro, 2016.  

Distribuir contido