Normalización lingüística, Concurso de contos de medo, Xogos Populares, O Entroido, Enlaces

Cantiga de Entroido 2014

IMOS DE TROULEADA

 Estou moi cansa,

hoxe non parei

estou esgotada

de tanto que estudei.

Voume do colexio,

voume da Solaina,

voume pola rúa,

vestida co pixama.

Boas noites

ata a semana,

os nenos da Solaina

imos de trouleada,

imos de trouleada,

imos de trouleada,

boas noites

ata a semana.

 Moita Matemática,

para coa linguaxe

e coñecemento;

isto é un tormento!

Dille ao director

que isto é un tostón.

Dille a Guillermo:

abre o portón!

 Boas noites

ata a semana,

os nenos da Solaina

imos de trouleada,

imos de trouleada,

imos de trouleada,

boas noites

ata a semana.

Preme aquí para escoitar a cantiga.

CORRELINGUA 2013

 O pasado luns, día 13 de maio, e con motivo a 13ª edición do  Correlingua   o alumnado de 2º e 5º de Primaria participou activamente nesta nova convocatoria.

O lema deste ano: Galego, a chave do mundo serviu para que todos os participantes desfrutaran neste acto de apoio e defensa da nosa lingua.

A xornada contou con actividades ao aire libre na Alameda de Ferrol, xogos e diversos actos no Teatro Jofre.

 

Mercadillo Solidario

Solidariedade, xenerosidade e colaboración son as palabras que simbolizan a iniciativa "Mercadillo Solidario", promovida dende o equipo de Normalización lingüística e o de Convivencia do CEIP A Solaina coa colaboración do alumnado e das súas familias. 

No colexio traballamos os 12 meses do ano na liña de axudar a quen o necesita, pero coa chegada do Nadal os nosos esforzos fanse aínda máis intensos e por iso adicamos o último mes do ano a concienciar aos máis pequenos da necesidade de que doasen os seus xoguetes e libros para un Mercadillo Solidario que estes días chega ao seu máximo apoxeo.

Así, a entrada do colexio converteuse nun mercadillo no que os nosos alumnos están adquirindo por un prezo económico os xoguetes doados polas familias. En total, con tódolos obxectos aportados, recadáronse 576,76 € .Esta cantidade entregarase mañá, venres 21 de decembro, ao delegado da ONG do Barrio  Cáritas Santa Icía, Carlos Sueiras,  dende onde será xestionado para que chegue a quen máis o necesite. 

Dende A Solaina estamos moi contentos e satisfeitos de,  con este graíño de area, contribuír a que todos os que convivimos no día a día do barrio da Solaina teñamos un bo Nadal. 

Equipo de Normalización L. e Dinamización de convivencia


Páxinas webs interesantes de información literaria e cultural galega

Recóllese unha escolma de lugares para coñecer a nosa literatura galega, entre elas:

 

http://bvg.udc.es

(Referente básico para achegarnos a  escritores/as  de todos os tempos).

 

http://www.realacademiagalega.org

(Pódese atopar dende  información  cultural, documentos do arquivo,...).

 

http://www.culturagalega.org

(Un dos máis  ambiciosos proxectos de información cultural).

 

http://www.galiciaencantada.com

(Preséntase como unha enciclopedia da fantasía popular galega).

 

http://www.orellapendella.org

(Ritos, recitados e cancións infantís).

 

http://brabadegos.blogspot.com.es

(Blog de reseñas  de novidades en literatura infantil e xuvenil galega).

 

 

 

 

Enviado por Chus.

O entroido na Solaina

Este venres, 17 de febreiro, o alumnado acompañado polos seus mestres/as desfilaron polo barrio para deleite de pais, avós, veciños... os cales estiveron moi atentos á comparsa de pitufos.

Como remate da mañá, a tradicional queima do Meco.

As fotos dos preparativos, desfile...  poden visualizarse aquí.

Hoxe deixa de mandar...

xa que o Meco de pitufo quere verte desfilar.

Distribuir contido