Normalización lingüística, Concurso de contos de medo, Xogos Populares, Normalización de convivencia, Actividades extraescolares, O Entroido, Día da Paz, Enlaces
DÍA DO NÚMERO PI
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse hoxe, 14 de marzo (3/14 nos países de tradición anglosaxona), o Día do número Pi. Todos as clases de Primaria formaron varios grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha palabra oculta.
Un ano máis, a experiencia foi ben positiva e todo o alumnado está a desexar que chegue o 3/14 do ano que vén para xogar outra volta co número pi.
DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA
O 21 de febreiro celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA. Este ano o foco da Solaina céntrase nas linguas románicas, fillas todas do latín e irmás do galego.
Na zona da entrada ao edificio proxéctanse de modo continuado durante todo o horario lectivo unha serie de vídeos de curta duración en varios deses idiomas: aragonés, asturiano, castellano, catalán, corso, francés, galego, italiano, occitano, portugués, romanés e sardo.
ENTROIDO 2018
Pincha aquí para ver as fotos do Entroido.
O venres 9 de febreiro celebramos o Entroido no CEIP A Solaina. Se o tempo o permite sairemos ás 10:00h e faremos o pasacalles polo barrio da Solaina.
En caso de chuvia, cancelarase o pasacalles, e a celebración será só para o alumnado no propio centro educativo.
[SUSPENDIDO O PASACALLES POLO EXTERIOR DO COLEXIO]
Pulsa aquí para escoitar a canción do Entroido deste ano e na imaxe para ver a letra.
Durante a semana do 5 ao 9 de febreiro festexamos o Entroido no CEIP A Solaina a través do personaxe tradicional galego do MECO. Deste xeito, ao longo desta semana, enviaremos os mandatos que conducirán á consecución do disfrace, usando roupa e obxectos que teñades por casa, dando liberdade á vosa imaxinación e creatividade. Estes mandatos son acumulativos, é dicir, que o luns traerán a roupa que se designa, o martes traerase a peza de vestimenta que corresponde engadida á do luns, e así sucesivamente día a día, ata completar o disfrace. Atentos aos mandatos do MECO:
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
O martes 30 de xaneiro celebramos na Solaina o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. O alumnado de 6º realizou no pavillón unha coreografía da canción de El Langui, Se buscan valientes, mentres o resto cantou acompañándoos. Durante toda a semana fixéronse plantillas coas mans dos nenos de 3º e 5º, participantes do programa TEI, para colocalas sobre a árbore feita ao efecto na entrada ao colexio. O alumnado de 1º, 2º e 4º deseñou margaritas, nas que os pétalos eran as siluetas das súas mans. O alumnado de Infantil cortou flores e escribiu palabras para logo colocalo todo nuns maceteiros. Igualmente todo o alumnado recortou a súa foto e encheu as letras dun mural co título da canción de El Langui.
Finalmente, o alumnado de 3º e 5º inaugurou oficialmente dous bancos da amizade, dos tres previstos. A función principal do bancos vai ser convertirse no espazo de reunión no patio para resolver os conflitos que vaian xurdindo entre iguais.
Se queres ver as fotos da celebración pincha aquí.
Se queres ver a actuación de 6º pincha aquí.
Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller
25 DE NOVEMBRO, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
Samaín e Magosto
Pincha nos enlaces para ver as fotos do Samaín e do Magosto.
DÍA DAS LETRAS
O venres 19 de maio celebramos o Día das Letras Galegas 2017, adicado este ano ao escritor Carlos Casares. Ademais, o alumnado de 2ºB deleitounos cunha adaptación do grupo Petit Pop e posteriormente interpretamos entre todos a canción A miña lingua sae do corazón.
IV CONCURSO DE DEBUXO ESTARRECEDOR "PASÁMOLO DE MEDO"
Para ver os debuxos premiados preme aquí.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »