Novas

Tempo de Nadal na Solaina

   É tempo de Nadal na Solaina, tal e como se pode ver nos adornos navideños e sobre todo, no ambiente nas aulas, onde a algarabía do alumnado fainos sentir a proximidade dos días de celebracións.

   Pero se hai un feito que ano tras ano marque o inicio do Nadal no colexio é o concurso de postais convocado pola ANPA e do que saíu elixida, non sen dificultades polo elevado nivel dos participantes, de entre estas tres finalistas, a que pronto recibiredes nos vosos domicilios, para desexar, de parte da ANPA e do profesorado da Solaina, boas datas e un Feliz 2014.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Autor: Alejandro Chas Pérez. 3º A EP.

Autora: María López Carballo. 4º B EP.

Autora: Noa Prado Varela. 4 anos EI.

 

Aplazada ata novo aviso a exhibición da actividade de canto

  

Partitura de canto gregoriano

 

 

 

   A ANPA do colexio tiña previsto celebrar o venres 29 de novembro ás 16.00 horas na biblioteca do centro a exhibición da actividade de canto, na que ían participar os nenos e nenas que asisten a ela como mostra do adquirido neste trimestre.

   Por motivos alleos á vontade dos organizadores e do monitor, esta actividade queda aplazada ata novo aviso.

   Dende aquí queremos dicir aos nenos e nenas que tantos días levaban practicando que tan só teñen que esperar un pouco e gañan así uns días para seguir mellorando as súas destrezas; destrezas que toda a comunidade educativa está ansiosa por observar.

Concurso de postais de Nadal 2013-2014

XUNTA DIRECTIVA DA A.N.PA. DO C.E.I.P. "A SOLAINA"     

O ANPA do CEIP da Solaina como en anos anteriores convoca o

 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2013-2014

 

en colaboración co profesorado e a dirección do centro. Con este concurso preténdese fomentar entre os nenos e nenas a creatividade e a imaxinación.

Os nenos entregarán os seus traballos aos profesores antes do 5 de decembro nun papel tamaño ½ folio e con motivos navideños.

Cada titor escollerá os cinco mellores debuxos da súa clase para entregar o ANPA.

 

A xunta directiva da ANPA actuando como xurado elixirá os debuxos gañadores en catro categorías (unha por ciclo) que recibirán un premio polo seu labor e esforzo.

De entre os tres primeiros seleccionarase un para a realización da felicitación destas festas.

 

Grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo

 

 https://es-es.facebook.com/anpaasolaina

Novas ANPA

Adxúntanse información de interese para os socios da ANPA:

Programa "Préstamo de libros"

Para o vindeiro curso 2013-2014 a ANPA promoverá a iniciativa de "Préstamo de libros"

Pódese descargar aquí a información do programa.

Xornada de convivencia do 16 de xuño de 2013

Quedan poucos días para a retirada de tickets e pulseiras para a xornada de convivencia.

As pulseiras son necesarias para acceder ós inchables e os tickets para a merenda dos nenos.

A pulseira e o ticket son gratuítos para os socios e a 3 € para os non socios, retirandoos con antelación nas oficinas da ANPA. Esta semana intentaremos abrir pola mañá ademais do horario habitual o luns de 17.00 a 18.00 e o martes e o xoves de 16.00 a 17.00

Os nenos que o día da festa non teñan pulseira poderan acceder ós inchables pagando 5 € no mesmo día, pero non terán dereito a merenda.

Relación das saídas de fin de curso

Un ano máis a ANPA do CEIP A Solaina coopera con subvencións nas excursións que se realizan a finais de curso.

A celebración da festa da ANPA, o domingo, día 16 de xuño, conta cun programa especialmente atractivo:

  • Pola mañá, no pavillón, a tradicional mostra de actividades levadas a cabo durante o curso, e, unha novidade: xogos de maxia que tanto agradan a nenos e non tan nenos.
  • Ao mediodía, xantar de convivencia.
  • Xa pola tarde, no recinto escolar, xogos inchables, festa da espuma... para desfrute de todos.

Descarga aquí o programa.

Contamos con todos vós para facer que a despedida deste curso sexa especial! 

          No itinerario poden descargar as imaxes que recollen os momentos máis representativos:

  • 3/4 anos.- Granxa Belelle_,21 de maio.
  • 5 anos.- Parque zoolóxico de Marcelle (Lugo,28 de maio).
  • 1º Ciclo de EP.- Mera-Ortigueira, 18 de xuño.
  • 3º Ep.- Buño (A Coruña,4 de xuño).
  • 4º EP.- As Médulas -Ponferrada, 6 e 7 de xuño.
  • 5º Ep.- Illa de Ons (Pontevedra, 14 de xuño).
  • 6º Ep.- Portugal, 28,29,30 e 31 de maio.

 

Información relativa ao comedor escolar e outras cuestións ANPA

Con motivo do inicio do servicio do comedor escolar mañana mércores, día 12, facilitamos a documentación relativa a aspectos de interese para os usuarios do mesmo.

 

 

Menú para o mes de setembro no adxunto.

CONTACTO

Teléfono: 981.397737 (este teléfono é tamén o do comedor escolar)

Correo electrónico: anpaasolaina@yahoo.es

 

Horario de atención ó público

nas nosas oficinas

Luns e mércores: de 09:00 a 10:00 horas

Martes e xoves: de 17:00 a 18:00 horas

Distribuir contido