Escolares, Ed. física, Idioma extranxeiro, Infantil, Música, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Relixión

Mar Guerra e A Solaina

Hoxe gozamos falando de escribir.

A escritora Mar Guerra, "Premio Merlín de Literatura Infantil 2008 de Xerais", encheu coa súa naturalidade a nosa biblioteca de realidade e fantasía.

O motivo da visita? Transmitirnos a ledicia da lectura e da escritura a través do seu libro que estamos a ler:" Xenaro e a hucha do indiano", libro no que como ela ben di, nada é o que semella.

A partir das nosas preguntas, fomos descubrindo o seu segredo de ser escritora: superarse a si mesma.

Contounos que os seus temas baséanse na vida cotiá, na realidade que observa, nos sentimentos... e, ensinounos que, coa constancia, todo, todo se pode conseguir.

Falounos con orgullo das súas orixes, da súa vida  e, de que o mellor de todo de conseguir o premio é poder ir aos colexios para estar connosco

Rematamos a mañá cun xogo de palabras escritas por nós das que seleccionamos as que máis nos gustaron tanto polo seu son coma polo seu significado.

Grazas Mar polo bo rato que pasamos hoxe contigo.

Os nenos e nenas de 6º dende o programa de Animación á lectura.

 

Convivencia na casa do queixo

Os días 10 e 11 de marzo o alumnado de 4º de primaria xunto coas súas profesoras titoras pasaron dous días inesquecibles en Grixalba, no Concello de Sobrado dos Monxes.

Descarga aquí as fotos da convivencia.

Os alumnos de 4º con Euxa

O venres, 4 de febreiro, os alumnos de 4º xunto coas nosas titoras, Loli e Teresa, nos acercamos ao centro de maiores Euxa da Faísca para celebrar cos residentes o Entroido.

Queríamos facelos partícipes da nosa ledicia e contaxialos das ganas de facer nestas datas todo aquelo  que lles poidese arrancar unha boa risotada.

É un primeiro intercambio cos residentes deste centro pois no futuro nos cartearemos con eles: cada neno/nena ten adxudicada unha persoa,  e se contarán cousas das súas respectivas vidas.

A actividade promete e, hoxe foi moi bonito pois os  alumnos entablamos relación cos anciáns de forma totalmente natural e espontánea. Contámoslles en que consistiron as actividades do Entroido no cole durante estes días e, que hoxe estaríamos pouco tempo porque no  nos estábades esperando para queimar o Meco Mandón.

Tamén xogamos por equipos, anciáns e nenos xuntos, a adiviñar preguntas en plan concurso da tele.

Quixemos recitárlles a poesía de Rosalía de Castro: ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES, e unha anciá, nos adicou varias poesías escritas por ela.

Os rapaces lle aplaudimos moito.

A educadora social do centro enviou un correo decindo que o pasaran bárbaro, e a verdade, nós tamén¡.

Exposición do centenario do ferrocarril Betanzos-Ferrol

Os días 10 e 11 de febreiro os/as alumnos/as de 1º ciclo de Educación Primaria visitaron o Pazo de Cultura do Concello de Narón para visitar a exposición que con motivo do centenario da liña de ferrocarril Betanzos-Ferrol organizou a Asociación ferrolana de amigos do ferrocarril (AFAF).

 

LENGUA CASTELLANA : " Nata y Chocolate"

Hoxe foi un día especial no noso centro.

Estivemos agradando a escritora Alicia Borrás Sanjurjo, autora do libro "Nata y chocolate".

Lemos este libro os alumnos de 5º curso  no Proxecto Lector cunha gran satisfacción dende un principio, e esperamos impacientes que a súa autora nos falara del.

Alicia nos trasladou a realidade do acoso escolar a través de Sonia-apodada Nata por ser albina-e Lola, protagonistas principais da obra. Nos describe no libro como Sonia, nena calada e solitaria, sofre os abusos dunha compañeira, feitos nos que ninguén repara  ata a chegada dunha nova mestra que fai que todo cambie para elas.

A autora, cunha grande sensibilidade e cercanía cara nós, respostou a todas as nosas preguntas, dando así viveza ao libro que... mirade si nos gustou, que algún de nós o adquiriu para a súa biblioteca da casa, tendo así a oportunidade de poder  adicarllo Alicia Borrás.

As curiosidades de cando o escribiu, en que e quen se baseou para idealo, como foi a relación coa ilustradora... foron dando forma a todas as nosas dúbidas.

Dende 5º A e 5º B volo recomendamos¡¡¡¡

 

COÑECEMENTO DO MEDIO - vídeo musical sobre o cambio climático

Aquí tendes outro vídeo cunha canción que trata sobre o cambio climático e nos anima a tomar algunha medida, por pequena que sexa...

http://www.youtube.com/watch?v=DsmfD4OrB2k

... neste caso os autores son Joe Jonas e Demi Lovato, e o título da canción "Make a wave".

COÑCEMENTO DO MEDIO - Vídeo musical sobre o cambio climático

Aquí podedes ver un vídeo musical de Michael Jackson que trata o tema do dano que lle estamos ocasionando ao planeta coa contaminación. A canción está en inglés e témola subtitulada; así practicamos o idioma.

http://www.youtube.com/watch?v=QlyE5diR_fg

Solainatura

Preme aquí para ver o blog de natureza do centro.

Distribuir contido