Normalización lingüística, Concurso de contos de medo, Xogos Populares, Normalización de convivencia, Actividades extraescolares, O Entroido, Día da Paz, Enlaces

ENTROIDO 2020

Pincha aquí para ver as fotos do Entroido.

O venres 21 de febreiro celebramos o Entroido no CEIP A Solaina. Se as condicións meteorolóxicas son favorables sairemos ás 10:00h e faremos o pasarrúas polo barrio da Solaina.Pregamos as familias que non se metan no medio do desfile para non interferir na marcha nin provocar retrasos.

En caso de chuvia cancelarase o pasarrúas e a celebración será só para o alumnado no propio centro educativo.

Pulsa aquí para escoitar a canción do Entroido deste ano e na imaxe para ver a letra.

 

Durante a semana do 17 ao 21 de febreiro festexamos o Entroido no CEIP A Solaina a través do personaxe tradicional galego do MECO. Deste xeito, ao longo desta semana, enviaremos os mandatos que conducirán á consecución do disfrace, usando roupa e obxectos que teñades por casa, dando liberdade á vosa imaxinación e creatividade. Estes mandatos son acumulativos, é dicir, que o luns traerán a roupa que se designa, o martes traerase a peza de vestimenta que corresponde engadida á do luns, e así sucesivamente día a día, ata completar o disfrace. Atentos aos mandatos do MECO:

Luns:

Educación Infantil: NA CABEZA, NA CABEZA, BOINA, PANO OU PAÑOLETA.

1º, 2º e 3º EP: NA CABEZA, NA CABEZA GORRA, DIADEMA OU COLETA.

4º, 5º, 6º EP: NA CABEZA, NA CABEZA, GORRIÑO DE LA, LACIÑOS OU PEQUENAS COLETAS.

Martes:

Educación Infantil: SE ELEGANTE QUÉRESTE VER, CHAQUETA OU XERSEI ESCURO HAS TRAER.

1º, 2º e 3º EP: SE MODERN@ QUERESTE VER SUDADEIRA OU XERSEI AMPLO HAS TRAER.

4º, 5º, 6º EP: SE NON TE QUERES MANCHAR UN BABEIRO HAS LEVAR.

 

 

Mércores:

Educación Infantil: SAIA, VESTIDO OU PANTALÓN EN GRIS, NEGRO OU MARRÓN.

1º, 2º e 3º EP: SE QUERES DESCONECTAR UNS CASCOS NA CABEZA SEN ENCHUFAR.

4º, 5º, 6º EP: CHUPETE, AXÓUXERE OU BIBERÓN PARA VIR AO COLE DE NARÓN.

 

Xoves:

Educación Infantil:LENTES, TIRANTES, MANTÓN, MANDIL,…CON ALGÚN ACCESORIO TERÁS QUE VIR.

1º, 2º e 3º EP: RIÑONERA, MOCHILA, BOLSO, LENTES,…PONTE GUAP@ E DIFERENTE.

4º, 5º, 6º EP: CUEIRO, POLAINAS, RANITA OU CURTO PANTALÓN TRAERÁS CON GRAN DIVERSIÓN.

 

Venres:

Educación Infantil: SE VELLIÑO OU VELLIÑA QUERES PARECER, BASTÓN OU CESTO DEBES TRAER.

1º, 2º e 3º EP: SE A UN ADOLESCENTE TE QUERES PARECER ROUPA MOLONA DEBES TRAER.

4º, 5º, 6º EP: SE A UN BEBÉ TE QUERES PARECER UN PIXAMA QUENTIÑO DEBES TRAER.

 

 

NESTE ENTROIDO TOLO, TOLO DE IDADE IMOS MUDAR.

OS PEQUENOS SERÁN VELLOS E OS MAIORES BEBÉS SERÁN.

E OS DO MEDIO?

POBRIÑOS…

NA ADOLESCENCIA CAERÁN.

ASÍ QUE XA SABEDES DE QUE OS IDES DISFRAZAR.

BO ENTROIDO A TOD@S.

Día escolar da paz 2020

Este ano celebramos o Día da Paz traballando todo Infantil e Primaria a biografía e os valores de Mahatma Gandhi, persoeiro que tomamos nesta ocasión como referencia internacional da paz e a non violencia. Ademais, o alumnado de 3º e 4º asistiu no Pazo da Cultura á representación teatral de Nana para un soldado, posto en escena polo grupo Ghazafelhos. Finalmente, xuntámonos no patio cuberto para cantar de forma conxunta.

Celebración do Magosto e do Samaín

O pasado mércores 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín no noso centro. Trouxemos unha presa de castañas cada un e despois de asalas, comémolas e metemos un pouco de medo cos disfraces. Tamén levamos ao cole unha lanterna para facer lectura ás escuras na biblioteca durante os días seguintes ao Samaín.

DÍA PI

Organizado polo equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse durante a mañá do 15 de marzo (por compromisos previos non se puido celebrar o 14 de marzo, 3/14 nos países de tradición anglosaxona) o Día do número Pi. Todos as aulas de Primaria formaron cinco grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha frase oculta.

Estamos desexando que chegue o 3/14 do ano que vén para xogar outra volta co número pi.

DÍA DO NÚMERO PI

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse hoxe, 14 de marzo (3/14 nos países de tradición anglosaxona), o Día do número Pi. Todos as clases de Primaria formaron varios grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha palabra oculta.

Un ano máis, a experiencia foi ben positiva e todo o alumnado está a desexar que chegue o 3/14 do ano que vén para xogar outra volta co número pi.

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O 21 de febreiro celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA. Este ano o foco da Solaina céntrase nas linguas románicas, fillas todas do latín e irmás do galego.

Na zona da entrada ao edificio proxéctanse de modo continuado durante todo o horario lectivo unha serie de vídeos de curta duración en varios deses idiomas: aragonés, asturiano, castellano,  catalán, corso, francés, galego, italiano, occitano, portugués, romanés  e sardo

 

ENTROIDO 2018

Pincha aquí para ver as fotos do Entroido.

O venres 9 de febreiro celebramos o Entroido no CEIP A Solaina. Se o tempo o permite sairemos ás 10:00h e faremos o pasacalles polo barrio da Solaina.

En caso de chuvia, cancelarase o pasacalles, e a celebración será só para o alumnado no propio centro educativo.

[SUSPENDIDO O PASACALLES POLO EXTERIOR DO COLEXIO]

Pulsa aquí para escoitar a canción do Entroido deste ano e na imaxe para ver a letra.

Durante a semana do 5 ao 9 de febreiro festexamos o Entroido no CEIP A Solaina a través do personaxe tradicional galego do MECO. Deste xeito, ao longo desta semana, enviaremos os mandatos que conducirán á consecución do disfrace, usando roupa e obxectos que teñades por casa, dando liberdade á vosa imaxinación e creatividade. Estes mandatos son acumulativos, é dicir, que o luns traerán a roupa que se designa, o martes traerase a peza de vestimenta que corresponde engadida á do luns, e así sucesivamente día a día, ata completar o disfrace. Atentos aos mandatos do MECO:

 

Distribuir contido