Animación á lectura

CHINTO NA SOLAINA

O xoves 5 de abril contamos coa presenza do autor Chinto na Biblioteca do centro. Falounos dos seus últimos libros: Minimaladas e Novas minimaladas. Podes ver no enlace a reportaxe fotográfica co alumnado de 3º nesta animación á lectura.

Visita da escritora María Canosa

Hoxe, 3 de abril, o alumnado de 6º curso da Solaina puido asistir a unha animación á lectura con María Canosa, escritora e, entre outras cousas, colaboradora do programa Coma un allo. Escoitamos a versión persoal sobre o seu libro Muriel e fixémoslle unha morea de preguntas. Podes ver as imaxes no enlace.

 

SEMANA DA PRENSA

Do 6 ao 10 de marzo celébrase nos centros educativos galegos a 29º edición da Semana da Prensa na Escola. Na Solaina dámoslle visibilidade uns días máis para que o alumnado e o resto da Comunidade Educativa se familiaricen tanto coa prensa escrita coma a dixital, sempre tendo moi en conta o espírito crítico que se espera do fomento da lectura en forma de prensa, analisando e contextualizando as noticias que van saíndo estes días. Igualmente no hall temos instalado un acceso directo ás distintas formas de prensa.

Fran Alonso visítanos

Seguindo coas visitas programadas de escritores e escritoras galegas á Biblioteca da Solaina e facémonos eco da que protagonizou o creador galego Fran Alonso o 19 de xuño. O alumnado de 2º asistiu a unha animación sobre os libros Poemas birollos para ler cos ollos e O meu gato é un poeta.

Na Biblioteca con David Pérez Iglesias

Hoxe, 10 de maio, visitounos o escritor David Pérez Iglesias. A animación estivo dirixida ao alumnado de 6º, que puido facerlle interensantes preguntas sobre o seu libro, Todo o tempo do mundo, premio Merlín 2016. Preme no enlace se queres ver a reportaxe fotográfica.

Visita de Xelís de Toro

O venres 21 de abril contamos coa presenza do autor Xelís de Toro na Biblioteca do centro. No enlace podes ver a reportaxe fotográfica co alumnado de 3º nesta nova animación á lectura.

Na Biblioteca con Héctor Lorenzo Piñeiro

Unha nova animación á lectura, desta do músico Héctor Lorenzo Piñeiro, que nos interpretou cancións do seu libro-disco Cousas de papá. Preme no enlace para veres a reportaxe fotográfica cos nenos de 6ºEI,1ºEP e 2ºAEP.

 

 

Héctor Cajaraville na Biblioteca

Hoxe, 23 de  marzo puidemos asistir á animación á lectura desenvolida polo escritor Héctor Cajaraville. O alumnado de 4º de EP asistiu atentamente á animación relacionada co seu libro Quen dá a quenda? Preme no enlace se queres ver a reportaxe fotográfica.

Visita de Manuel Rivas

Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, fomos testemuña do bo facer do escritor Manuel Rivas. O alumnado de 5º participou na Biblioteca da Solaina dun achegamento á literatura e ao seu libro Bala Perdida. Preme no enlace se queres ver as fotos do evento.

FRAN REI NA SOLAINA

Hoxe, 19 de  decembro, contamos coa presenza do recoñecido cómico Fran Rei, que desenvolveu o espectáculo O Conto da Barriga Verde, mestura de tres obras de Manuel María na que aboian narración oral, humor e maxia. Grazas á colaboración do Padroado de Cultura e á Deputación da Coruña, o alumnado de 6º pasouno de cine na Biblioteca. Esperamos por outra actuación tan sinalada do gran actor.

Distribuir contido