24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Desde o Equipo de Biblioteca queremos conmemorar o día do nacemento de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, compartindo con toda a comunidade educativa do CEIP A Solaina un Genially que recolle algúns aspectos básicos da vida e obra da poeta galega.

 

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE 4ºEI (3ANOS)

TRÍPTICO

MANDILÓN

MATERIAL

Día Internacional da Lingua Materna 2021

O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna para promover a consciencia sobre a pluralidade lingüística. Na imaxe podes acceder á proposta do Portal da Lingua Galega.

 

CATÁLOGO DE NOVIDADES 2021

NOVIDADES LITERARIAS FEBREIRO 2021

O equipo de Biblioteca do CEIP A Solaina quere compartir con toda a comunidade educativa as novidades literarias que están adquirindo para os nenos e nenas do cole.

Estamos a piques de comezar unha das épocas máis divertidas do ano, o Entroido, por iso vos queremos acompañar estas semanas coas personaxes máis disparatadas e incribles que poidades imaxinar. Desexamos que vos gusten.

11 DE FEBREIRO DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Desde o equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar do CEIP A SOLAINA, queremos conmemorar esta data, publicando aquelas obras literarias infantís e xuvenís que contan a vida de mulleres que destacaron no eido da ciencia, e que temos dispoñibles para o alumnado e que traballarán nos vindeiros días.

Unha colección ilustrada e educativa que pon de manifesto as numerosas contribucións das mulleres no eido das matemáticas, as tecnoloxías, as ciencias, o coidado do medio ambiente... coa finalidade de loitar por un mundo mellor.

ENTROIDO 2021

Ola, familias!

Na semana do 8 ao 12 de febreiro celebraremos o Entroido. Desde o luns ata o xoves faremos o Meco, pero os mandatos non serán acumulativos (por mor das medidas hixiénicas e sanitarias vixentes).

O luns traeremos calcetíns desparellados  por encima do pantalón.

O martes, zapatos desparellados.

O mércores, colares, pulseiras, coroas ou similar.

O xoves, pixama, bata ou camisón.

O venres cada un elixiremos ao noso superheroe da pandemia (médica, policía, enfermeiro, bombeira, caixeiro de supermercado, servizo de limpeza,...) para crear o noso disfrace.

O venres quen queira poderá traer un doce típico do Entroido para tomar á hora da merenda, iso si, sen compartir.

Grazas pola vosa colaboración.

Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias.

Día da Paz 2021

A semana pasada estivemos traballando no cole o Día Internacional da Non Violencia e da Paz. Este ano 2021 dedicámolo a coñecer a Wangari Maathai, activista medioambiental queniana. Deixámosvos aquí este vídeo cun achegamento ao traballo que se fixo no cole.

Fin do primeiro trimestre

Desde o Claustro do CEIP A Solaina queremos agradecerlle a toda a comunidade educativa o esforzo realizado nestes meses e a comprensión polas dificultades que condicionaron este primeiro trimestre. É de destacar a enorme lección que está a darnos a rapazada coa súa capacidade de adaptación ás novas circunstancias e co seu respecto escrupuloso das medidas sanitarias adoptadas.

Por todo isto e moito máis, esperamos que as vacacións nos axuden a todos e a todas ao descanso gañado e á desconexión merecida. E que o 2021 chegue con novos folgos...

FELICES FESTAS

VOLVEMOS EN XANEIRO

 

Distribuir contido