Normalización lingüística, Concurso de contos de medo, Xogos Populares, Normalización de convivencia, Actividades extraescolares, O Entroido, Día da Paz, Enlaces

Celebracións do Entroido

Nestas festas do Entroido, a estas alturas xa levamos varias celebracións realizadas no colexio: domingo fareleiro, domingo oleiro, xoves de comadres e compadres... hoxe venres 4 de marzo damos remate ás festas con varios actos.

Por unha banda teremos o festival do colexio, onde nenas e nenos amosarán as súas dotes expresivas e artísticas, así como o seu manexo ante o público.

Por outra banda, trala lectura do testamento, remataremos a xornada lectiva coa queima do meco, que nos estivo disfrazando pouco a pouco durante toda a semana, para facer algo parecido a un pallaso.

Non esquezades que pola tarde terá lugar a gran festa de disfraces organizada pola ANPA, na que esperamos que todo o mundo se divirta un montón.

Cando dispoñamos delas, colgaremos algunhas fotografías que amosen o ben que o pasamos!

A continuación podedes ver os videos das diferentes actividades coas que festexamos o Entroido.

A preparación do Entroido. O ciclo festivo.

                                                    O Entroido. A festa.

O Entroido. Lectura do testamento e queima.

Os mandados do Meco

Aquí podes seguir a diario os mandados do Meco, e descubrirás de que nos imos disfrazar.

Día da Paz

O venres, 28 de xaneiro celebramos o Día da Paz.

O alumnado de Educación Infantil elaborou bandeiras dos  países dos nenos/as que se foron incorporando ao longo destes últimos anos ao noso centro.

Na Educación Primaria, traballouse a  súa xeografía, cultura, gastronomía, etc... destas sociedades.

Como broche final, unha posta en común de toda a comunidade escolar.

Preme aquí para visualízar esta celebración.

MAGOSTO 2010

O día 5 de novembro celebramos o Magosto e o Samaín cunha grande variedade de actividades.

Música interpretada pola Xove Banda de Narón.

Grazas á Asociación Musical e Cultural Sementeira polo permiso para usala.

 

Distribuir contido