Normalización lingüística, Concurso de contos de medo, Xogos Populares, Normalización de convivencia, Actividades extraescolares, O Entroido, Día da Paz, Enlaces

Día de Rosalía 2023

O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro gravando un vídeo xunto ao mural da escritora. O alumnado de cada aula recitou un fragmento do poema Has de cantar. Este é o resultado.

DÍA DA PAZ 2023

O día 30 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Non Violencia e da Paz. Este ano 2023 dedicámolo a coñecer a Malala Yousafzai, premio Nobel da Paz e activista a favor do dereito á educación das nenas pakistanís. Deixámosvos aquí o vídeo cun achegamento ao traballo que se fixo no cole tanto nas últimas semanas como no día da celebración.

 

DÍA DO NÚMERO PI_2022

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Solaina, celebrouse hoxe, 14 de marzo (3/14 nos países de tradición anglosaxona), o Día do número Pi. Todos as clases de Primaria formaron varios grupos para concursar nuna xincana consistente en contestar ás adiviñas matemáticas propostas e conseguir unhas letras colocadas por todo o colexio. Ao final, cada grupo ordenou as letras e conseguiu formar unha palabra oculta.

Despois de dous anos sen celebración, había moitas ganas de recuperar a xincana. A experiencia foi tan positiva como en anos pasados e todo o alumnado está a desexar que chegue o 3/14 do 2023 para xogar outra volta co número pi.

Entroido 2022

Co gallo do Entroido, durante a semana 21 ao 25 de febreiro, o alumnado irá cumprindo “os mandatos do meco”. Cada día irán traendo o que o meco indique. Lembrade que É ACUMULATIVO, por exemplo, o martes traerán o do luns e mais o do martes, e así sucesivamente ata que o VENRES 25 veremos rematado o noso disfrace. 

Aquí podes seguir a diario os mandados do Meco, e descubrirás o disfrace deste ano:


 MANDATO PARA O LUNS:

MANDATO PARA O MARTES:

MANDATO PARA O MÉRCORES:

MANDATO PARA O XOVES:

MANDATO PARA O VENRES:

Día Internacional da Lingua Materna 2022

O 21 de febreiro celebramos o Día Internacional da Lingua Materna para promover a consciencia sobre a pluralidade lingüística. Na Solaina presentamos durante todo o día de hoxe unha serie de vídeos de música infantil en diversas linguas do mundo: portugués, asturiano, éuscaro, catalán, italiano, neerlándés, galés, sueco, árabe, xaponés, nahuatl ou... galego.

 

 

Na imaxe podes acceder á proposta do Portal da Lingua Galega.

Bases Concurso "PASÁMOLO BEN" 2021

BASES DO IX CONCURSO DE DEBUXO ESTARRECEDOR “PASÁMOLO BEN “ E DO XII CONCURSO DE CONTOS “PASÁMOLO BEN “: enlace.

Día Internacional da Lingua Materna 2021

O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna para promover a consciencia sobre a pluralidade lingüística. Na imaxe podes acceder á proposta do Portal da Lingua Galega.

 

Distribuir contido