ADMISIÓN DO ALUMNADO 2024/2025

Acceso ao proceso.

[24/04/2024] Pódese consultar a listaxe provisional no taboleiro do centro. Todas as solicitudes foron admitidas.

Día da Enfermidade Celíaca

Este xoves 16 de maio celébrase o Día da Enfermidade Celíaca e desde Jardanay queren axudar a dar visibilidade a esta patoloxía cambiando o menú xeral a un sen glute e realizando actividades sobre a celiaquía coa cativada no comedor.

 Cambio de menú

 Para ofrecer un menú sen glute, modifícase a guarnición do segundo prato previsto no menú do xoves (codillo ao forno con macarróns), substituíndo a pasta por arroz. O primeiro prato (crema de verduras) e a sobremesa (froita de tempada) mantéñense sen cambios. 

Así, o menú queda da seguinte forma:

  • Primeiro prato: crema de verduras.
  • Segundo prato: codillo ao forno con arroz.
  • Sobremesa: froita de tempada (pera).

n/d

Día do libro: Bookface

Este ano polo día do libro decidimos animarvos a participar coa vosa propia bookface. Pois aquí están os resultados! Quedaron chulísimas, moitísimas grazas pola implicación e participación.

Club de lectura

En abril Os descubridores de letras tivemos xa a nosa reunión do club de lectura. Nesta sesión estivemos falando e opinando sobre o libro Bruxa e familia de Paula Carballeira.

Recordades que tiñamos o reto de facer un knolling literario? Pois este foi o resultado do noso:

 

Para a próxima sesión do mes de maio, decidimos levar o libro "Nata y chocolate" de Alicia Borrás. Toca desfrutar de novo coa lectura dun libro. A por el!!!!

 

Visita de Andrea Maceiras

Este mércores 10 de abril tivemos a sorte de contar no centro coa visita da escritora Andrea Maceiras.

                                                          

Estivo falando co alumnado de 6º de primaria sobre un libro seu: Alma de elefante.

Explicou como nunha viaxe por Asia e a partir dun debuxo que atopou, xurdiu a idea de escribir este marabilloso libro. Axudounos tamén cunha meditación guiada a atopar a alma do animal que cada un leva dentro.

                                

Coma sempre que nos acompaña, foi un verdadeiro pracer poder escoitala e desfrutar con ela novamente do libro dende un punto de vista diferente.

Grazas Andrea e ata pronto!!

Menores e pantallas. Principais riscos e orientacións para as familias

O Concello de Narón está a levar a cabo este curso 2023/2024 un proxecto co obxectivo principal de dotar a poboación de menores do Concello e as súas familias das ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías.

 

Conscientes da importancia do papel das familias no proceso de educación e maduración dos seus fillos e fillas, convócase a todas as familias dos menores escolarizados neste Concello a sesión “Menores e pantallas. Principais riscos e orientacións para as familias“.

 

Esta iniciativa pretende ser un espazo de reflexión e orientación sobre o uso problemático da tecnoloxía.

 

Co obxectivo de poder facilitar a asistencia das familias, ofértase un servizo de conciliación durante a sesión que deberá solicitarse no teléfono 613196841 ou 639099457.

  

  • MENORES E PANTALLAS. PRINCIPAIS RISCOS E ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS

MARTES 9 DE ABRIL – 17:00 horas

LUGAR: Salón de actos do CEIP A Gandara

Persoas destinatarias: Familias con alumnado nos centros de ensino de Narón.

 

 Para realizar a inscrición a esta sesión, podes facelo no seguinte enlace:  https://forms.office.com/e/JdhPAvJEAH

Día mundial da concienciación sobre o autismo_2024

O martes 2 de abril de 2024 celebramos o Día mundial da concienciación sobre o autismo traballándoo na aula e decorando as xanelas con globos azuis.

 

Distribuir contido