17 de maio: DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

 

OBRA DE TEATRO 6º EP

 

 LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS

 

Resultado de imagen de anton fraguasANTÓN FRAGUAS

Cando no ano 1863 ,Manuel Murguía, o home de Rosalía de Castro, entregou a un impresor vigués, Juan Compañel, o manuscrito da poetisa "Cantares Gallegos", Rosalía nunca puido imaxinar que este simple feito sería dunha importancia notable na historia posterior das obras escritas en galego. Teriamos que esperar a que pasaran cen anos para que a Real Academia Galega instaurase, un século despois e tendo como punto de referencia a conmemoración do poemario, o primeiro día das Letras Galegas dedicado- como non?- a Rosalía.

Sería dende ese momento que cada 17 de maio e nos anos posteriores - e xa van con este 56 anos!- dedicando cada 17 de maio a un homenaxeado/-a escritor/-ora galego/-a escollido polos integrantes da RAG  e cuxo pasamento se producira hai máis de dez anos.

Hai un epitafio nun cemiterio de Mondoñedo que di: " Eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil promaveras máis". É a  tumba de Álvaro Cunqueiro. Quizais nunca rematen os 17 de maio en Galicia.

AdxuntoTamaño
LETRAS GALEGAS 2019 anton fraguas.pptx1.54 MB

Powered by Drupal - Design by artinet