Skip to Content

Obradoiros

OS NENOS DE 3 ANOS TRABALLAN COA REALIDADE AUMENTADA E ROBÓTICA

Os nenos e nenas de 3 anos gracias a súa mestra Cristina estiveron a traballar coa realidade aumentada e experimentando coa robótica, Fixeron un traballo impresionante que compartiron cons nenos de 6º e deixanvoos unha mostra do seu traballo.

REALIDADE AUMENTADA

 

 

 

ROBÓTICA

 

 

OS ROBOTS VISITAN O PALACIOS

OS ROBOTS E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

CONQUISTAN O CEIP ANTONIO PALACIOS

 

Hoxe vivimos no noso centro, un día inolvidable tanto para os mestres como para o noso alumnado xa que tivemos contacto co mundo da robótica grazas a colaboración do grupo ACTIVATION CODE. Respondeu a nosa invitación de forma desinterasada e gracias ao todos integrantes destas empresas pola súa implicación e colaboración co noso colexio e deixar con esas caras de ledicia e asombro ao noso alumnado.

Todo isto organizouse coincidindo co evento que se celebra durante esta semana a nivel mundial (ROBOTICS WEEK 2017) e entre as moitas actividades programadas tiñamos unha moi vangardista, xa que queriamos acercar ao noso alumnado as tecnoloxías máis innovadoras existentes no seu entorno e relacionadas coa utilización de robots (robots colaborativos), programación, fabricación aditiva o robots asistenciais. Coa actividade de hoxe intentamos acercar ao noso alumnado as novas tecnoloxías e técnicas que se desenrolan nas empresas que forman parte do seu entorno e desenrolan robots que van formar parte da súa vida.

 

Tamén destacar a presenza da inspectora de Educación Raquel Gómez Fuentes, que manifestou “O CEIP Antonio Palacios é un dos centros que participarán neste curso na iniciativa “Introducción a la Robótica”. A partir desto quixeron que o seu alumnado contacte e coñeza iniciativas relacionadas que haxa no seu entorno, unindo entorno e escola, empresa-escola e, en definitiva escola e futuro”

 

Por outra banda destacar as palabras de Hugo Barreiro, director de I+D+I da empresa Ledisson AIT “ A industria demanda persoas creativas, con talento, autónomas e con iniciativas. Por iso cobran vital importancia metodoloxías que dende moi cativos, alimenten a súa curiosidade, que potencien o seu amor por aprender.

 

O responsable de Rysia, Rafael Rosa manifestaba que hoxe acercaron a fabricación aditiva aos rapaces e ao centro e podan desenrolar a súa creatividade e sobre todo ver como se pode aplicar. Nesa mesma línea se manifestaba Antonio Tejeda, responsable da empresa IADN.

 

Con esta iniciativa o noso alumnado pudo tocar robots e ver as súas aplicacións, e tamén a parte educativa tal como nos resaltaba Leticia Costas, unha das confudadoras de KIDCODE

 

Destacar que os representantes das empresas observaron o que fixerons os nosos programadores de 5º e 6º xa que empregando SCRATCH fixeron unhas actividades moi divertidas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

UN NOVO PROXECTO PARA O CENTRO: ROBÓTICA

O noso centro foi seleccionado para participar no programa "Introducción a robótica educativa en primaria" nos niveis de 5º e 6º. Para levar a cabo o proxecto ao centro dotarase con kits de robótica cos cales teremos que desenrolar proxectos.


CURSO ALFABETIZACIÓN DIXITAL

Durante o mes de Outubro estivemos celebrando no centro o curso de alfabetización dixital para as familias do nos alumnado e na que tratamos temas coma:Navegación na rede, plataforma edixgal e recursos para as familias e navegamos con seguridade na rede. Queremos dar as gracias a todas as familias pola súa participación e interese nesta actividade xa que foi moi enriquecedora para todos.

 

REPARTO FROITA NO COLEXIO

Continuamos coa terceira semana do programa Alimént-T ben, mediante o cal procedese a distribuir unha peza de froita ao alumnado para fomentar o consumo de froitas dende tempranas idades.

Plan de froitas

 

 




 

Campaña para animar a comer pescado ao noso alumnado

 O noso colexio acolleu a presentación en Galicia da II Campaña de Promoción de Consumo de Pescado entre Escolares, "Pesquecoles", e polo tanto fomos nova nos distintos medios de comunicación. Nos seguintes enlaces tendes acceso a información.


Presentación pesquecoles

O ALUMNADO DE 4º FACENDO CÓMICS

CÓMICS EN 4º                               

Distribuir contido


by Dr. Radut