Skip to Content

OS ROBOTS VISITAN O PALACIOS

OS ROBOTS E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

CONQUISTAN O CEIP ANTONIO PALACIOS

 

Hoxe vivimos no noso centro, un día inolvidable tanto para os mestres como para o noso alumnado xa que tivemos contacto co mundo da robótica grazas a colaboración do grupo ACTIVATION CODE. Respondeu a nosa invitación de forma desinterasada e gracias ao todos integrantes destas empresas pola súa implicación e colaboración co noso colexio e deixar con esas caras de ledicia e asombro ao noso alumnado.

Todo isto organizouse coincidindo co evento que se celebra durante esta semana a nivel mundial (ROBOTICS WEEK 2017) e entre as moitas actividades programadas tiñamos unha moi vangardista, xa que queriamos acercar ao noso alumnado as tecnoloxías máis innovadoras existentes no seu entorno e relacionadas coa utilización de robots (robots colaborativos), programación, fabricación aditiva o robots asistenciais. Coa actividade de hoxe intentamos acercar ao noso alumnado as novas tecnoloxías e técnicas que se desenrolan nas empresas que forman parte do seu entorno e desenrolan robots que van formar parte da súa vida.

 

Tamén destacar a presenza da inspectora de Educación Raquel Gómez Fuentes, que manifestou “O CEIP Antonio Palacios é un dos centros que participarán neste curso na iniciativa “Introducción a la Robótica”. A partir desto quixeron que o seu alumnado contacte e coñeza iniciativas relacionadas que haxa no seu entorno, unindo entorno e escola, empresa-escola e, en definitiva escola e futuro”

 

Por outra banda destacar as palabras de Hugo Barreiro, director de I+D+I da empresa Ledisson AIT “ A industria demanda persoas creativas, con talento, autónomas e con iniciativas. Por iso cobran vital importancia metodoloxías que dende moi cativos, alimenten a súa curiosidade, que potencien o seu amor por aprender.

 

O responsable de Rysia, Rafael Rosa manifestaba que hoxe acercaron a fabricación aditiva aos rapaces e ao centro e podan desenrolar a súa creatividade e sobre todo ver como se pode aplicar. Nesa mesma línea se manifestaba Antonio Tejeda, responsable da empresa IADN.

 

Con esta iniciativa o noso alumnado pudo tocar robots e ver as súas aplicacións, e tamén a parte educativa tal como nos resaltaba Leticia Costas, unha das confudadoras de KIDCODE

 

Destacar que os representantes das empresas observaron o que fixerons os nosos programadores de 5º e 6º xa que empregando SCRATCH fixeron unhas actividades moi divertidas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut