Skip to Content

Obradoiros

SEMANA STEM CONSELLERÍA EDUCACIÓN

O noso centro foi seleccionado para participar na "Semana STem" convocado pola Consellería de Educación.

Dende o 27 de Outubro ao 2 de Novembro 25 alumnos/as de 6º de primaria participará nunha actividade que lle permitirá mellorar as súas competencias STEM por medio de actividades académicas e de carácter lúdico-recreativas que lles permitirá reforzar o traballado na aula

Acceso a resolución

REVISTA DIXITAL ARTE E PINTURA 2019

    Este curso estivemos inmersos nun proxecto de arte e pintura. Miró, Kandinsky, Bansky... cada nivel escolleu un ou varios artistas, investigou a súa vida, a súa obra é despois fixo a súa propia representación artística inspirados nestes autores/as. Este xeito de traballar vai máis alá do referidio a  aspectos plásticos, estéticos ou artísticos, implica relacionar diferentes ámbitos de aprendizaxe e compartir o aprendido.

   Todo este traballo queda recollido nesta revista dixital, unha obra colaborativa na que se implicou todo o cole e que pretende mostrarnos unha pequena parte do aprendido. Agardamos que desfrutedes dela e non deixedes de clicar nas imaxes, hai moitas sorpresas agochadas!

 

I SEMANA STEAM

Programación da semana STEM

A organización da semana

Fotos da primeira xornada STEM

 

Na prensa

Cociñando plastilina


Durante a semana do 8 a o 12 de abril levaremos a cabo no noso colexio a I SEMANA STEM. Esta palabra é un l acrónimo en inglés dos nomes de catro materias ou disciplinas académicas: Science, Technology, Engineering y Mathematics, e no noso  sistema educativo corresponderían a Ciencias Naturais, Tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

Mediante esta metodoloxía desenrolamos un enfoque interdisciplinar do proceso ensinanza-aprendizaxe, incorporando contextos e situacións da vida cotía, e empregando as ferramentas tecnolóxicas necesarias.

Durante esta semana teremos diferentes obradoiros (programamos con scratch, ciencia, construción circuitos, elaboración plastilina condutiva, Castelao e os robots, gymkana, paneis e charlas sobre o cambio climático, creación de contos con apps,... Ademáis contamos coa visita de empresas do entorno que nos ensinaran o que están a facer e poñeran en contacto ao noso alumnado coa tecnoloxía que se desenvolve no noso entorno

Como xa sabedes levaremos, tamén a cabo, o II CONCURSO DE CONSTRUCIÓN DE ROBOTS e esperamos que nos sorprendades coma o ano pasado

A continuación tendes un vídeo presentación da semana e o cartel de dito evento

 

Visita de YARACAN

O alumnado de 5º e 6º puideron vivir de primeira man o gran traballo de terapia destos cans poñendo en práctica a expresión de sentimentos cara outros compañeiros e compañeiras...

Semana da robótica

Dentro do proxecto da robótica no que estamos inmersos, estaba planificado levar a cabo unhas xornadas dedicadas ao mundo dos robots.
Dende o equipo TIC estivemos a planificar ditas xornadas e levaremos a cabo as seguintes actividades: 
  • Levar a cabo talleres para o uso dos robots ou relacionado coas novas tecnoloxías
  • Uso dos robots nas aulas co cal se fan apadriñamentos tal como aparece reflexado no arquivo adxunto
  • Exposición de robots feitos con material de refugallo
  • Mostra de experiencias ás familias

 

 

 

 Hoxe comenzamos a nosa semana da robótica. En primeiro lugar deciros que estades invitados a exposición de robots feitos con material de refugallo (horario: luns de 9 a 9:30 e de 13 s 13:45 horas). Merece a pena vela, xa que o inxenio das famlias é desbordante e ademáis podedes ver os proxectos que realizarón os nenos e nenas: realidade aumentada, bee bot, stop motion, cine na aula, robótica,..

Clicando nas seguinte imaxe podedes ver unha pequena mostra do que estamos a levar a cabo no centro

APRENDEMOS XUNTOS

Para avanzar na súa viaxe de investigación ao espazo os nenos e nenas de 2º B pedíronlle axuda aos seus padriños de 6º B. Eles, sempre dispostos, explicáronlles o emprego de diferentes aplicacións de astronomía ao tempo que lles axudaban a entender a información máis complexa: galaxias, satélites, constelacións,... non nos quedou un recuncho por explorar, ata conectamos en vivo co Falcon Heavy para comprobar como ía a súa misión de transportar un coche ao espazo grazas a aportación dun dos alumnos de 6º

 

Pero o que queremos destacar desta actividade non son os coñecementos adquiridos, que tamén, senón o proceso de aprendizaxe que levaron a cabo, nenos ensinando a nenos, e nenos aprendendo de nenos, experiencias que de seguro serán as que lles permitirán progresar na vida e... chegar ata ao infinito e máis ala!

 

Grazas rapaces por unha clase tan estupenda na que os que máis aprendemos fomos os profes e disfrutade da vosa experiencia clicando na seguinte imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut