Skip to Content

ESCALADA.

Frustración superada, cun gran día de escalada!

Cantas satisfaccións, nos segue dando o Proxecto de Vida Activa e Deportiva. Seguimos traballando emocións, a través da práctica deportiva e os hábitos saudables.

Seguimos!!!

GALERÍA

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024-2025

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 

 Curso escolar 2024-2025

 

ORDE DO 7 DE MAIO DO 2024

 

DESTINATARIOS:

- Alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria ou en educación especial, axudas para adquirir libros de texto.

- Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, fondo solidario de libros de texto.

- Alumnado matriculado nalgún curso da Educación Primaria, axudas para adquirir material escolar.

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal, accedendo ao procedemento ED330B

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente utilizando os ANEXOS I e II da Orde da convocatoria, que se adxuntan. 

 

Prazo de solicitude é do 21 de maio ao 21 de xuño (ambos incluídos)

 

INFORMACIÓN XERAL

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut