Skip to Content

Novas

A AULA DE "POLOS CREATIVOS"

Desde este curso, o centro conta co Proxecto de Innovación educativa da Xunta "Polos Creativos". Amosámosvos como está quedando a nova aula con equipación especialitada, facilitado para desenolver o proxecto.

 

FELICES VACACIÓNS E PRÓSPERO ANINOVO 2023!

Hoxe rematamos o primeiro trimestre e xa estamos desexando que chegue o próximo 2023.

Vémonos á volta o día 9 de xaneiro!

 

XA COMEZAMOS CO PROXECTO "POLOS CREATIVOS"

O día 13 de outubro chegou un camión cargado con material tecnolóxico. O necesario para pór en marcha o novo proxecto no cole.

Foron varias semanas nas que organizamos o mobiliario novo, os novos dispositivos electrónicos, os xogos, nova programación... pero mereceu a pena. 

Hoxe no centro contamos cuns novos equipos dos que non poderiamos contar de non estar neste proxecto.

Xa veredes que chula nos quedou a clase de Polos Creativos!

 

CERTAME LITERARIO - 1º DE PRIMARIA: RECEITAS CON CASTAÑAS

Este curso 2022/23 volvemos a facer o noso certame literario. Aquí vos queda un vídeo no que se vos explican as instrucións a seguir para facer as receitas con castañas que terán que elaborar os alumnos e as alumnas de 1º de Primaria:

XA TEMOS NOVO LOGOTIPO DO CEIP PLURILINGÜE AMARO REFOJO

Xa temos novo logotipo do noso centro!

Logo de realizar un concurso que se estendeu a toda a nosa comunidade educativa e da posterior votación. O deseño gañador foi o realizado por Amable Blanco López. Desde o día da selección, este logo pasará a formar parte de todos os documentos institucionais do noso centro. 

Mil grazas a todas e a todos por participar!

CONCURSO PARA O DESEÑO DUN LOGOTIPO PARA O CEIP PLURILINGÜE AMARO REFOJO

 Preme no seguinte botón para acceder ás bases do concurso:

Distribuir contido


by Dr. Radut