Skip to Content

XA COMEZAMOS CO PROXECTO "POLOS CREATIVOS"

O día 13 de outubro chegou un camión cargado con material tecnolóxico. O necesario para pór en marcha o novo proxecto no cole.

Foron varias semanas nas que organizamos o mobiliario novo, os novos dispositivos electrónicos, os xogos, nova programación... pero mereceu a pena. 

Hoxe no centro contamos cuns novos equipos dos que non poderiamos contar de non estar neste proxecto.

Xa veredes que chula nos quedou a clase de Polos Creativos!

 



page | by Dr. Radut