DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO DE LIBROS PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2022/23

 

 

O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño 2022, non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2022/23.

O horario establecido polo centro para a devolución  é o seguinte:

 

Luns 20 de xuño

Martes 21 de xuño

Mércores 22 de xuño

Mañá

De 9:15 h a 13:30h

De 9:15 h a 13:30h

De 9:15 h a 13:30h

Tarde

De 16:30h a 18:30h.

Non hai recollida

Non hai recollida

 CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

 

  • Devolveranse baixo a supervisión de persoal da secretaría do centro, que  comprobará se compren as condicións de devolución. A devolución farase só no espazo habilitado para devolución, por favor,  sigan os carteis coas indicacións.
  • Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).
  • O ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso
  • Manteñan en todo momento a distancia de seguridade, garden fila e cumpran coas medidas de hixiene e desinfección.
  • Si os representantes legais do alumnado así o  desexan e o solicitan, recibirán posteriormente un documento de «recollida» dos libros de texto efectivamente devoltos, para iso deberán deixar un correo electrónico para que se lle poida enviar.

 

As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.