Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Centro

Saida de 4 anos ao Aquarium da Coruña

 O luns 10  os pequenos de 4 anos fixeron unha saída ó Aquarium da Coruña para ver os animais acuáticos que coñeceron durante o proxecto no que traballaron durante semanas. Realizaron unha vista guiada polo Aquarium. Viron medusas, tiburóns pequenos, morenas, estrelas de mar, doradas, peixes paiaso, cabaliños de mar, focas e moitos animáis mariños mais. Despois disfrutaron coa merenda no Parque de San Pedro.

 Para ver como foi a visita e o ben que o pasaron con este fantástico remate de proxecto premede AQUI no blog de 4 anos da profe Rosana.

 

Camiñando entre versos de Antón Fraguas polo paseo fluvial de Bertamiráns.

       

Os alumnos e alumnas de infantil e primaria de Ames, participaron nunha iniciativa para o Día das Letras Galegas, que parte do equipo de normalización lingüística do Concello e transformaron o paseo fluvial de Bertamiráns nun CAMIÑO DE VERSOS, cunha escolma de Antón Fraguas.

  Escribimos sobre lousas os versos de Fraguas, decorámolas e pendurámolas das árbores e polo chan para que os veciños as desfruten nos seus paseos polo parque.


  Neste enlace coa CRTVG está recollido o momento no que os nosos representantes colocaron as lousas e tamén o que dixeron sobre Antón Fraguas.


 

Camiñando entre versos de Antón Fraguas polo paseo fluvial de Bertamiráns.

   Unha iniciativa para o día das Letras Galegas que parte do Equipo de Normalización Lingüística do Concello na que participan todos os alumnos de infantil e primaria de Ames transformando o paseo fluvial de Bertamiráns nun CAMIÑO DE VERSOS, cunha escolma de ANTÓN FRAGUAS.
    Puxemos sobre lousas os seus  versos e  pendurámolos das árbores do paseo e  no chan para disfrute dos veciños.

Neste enlace coa RTVG podedes ver algúns momentos da colocación das lousas e aos pequenos representantes do colexio.

 

 

 

"Jack and the Giant". Teatro en inglés para 1º e 2º

  Os alumnos e alumnas de 1º e 2º asistiron o venres na Aula de Cultura de Bertamiráns á representación da obra "Jack and the giant!"  representada pola compañía de teatro en inglés FACE 2 FACE.

  O argumento deste conto popular inglés é o seguinte: Jack, un rapaz de familia humilde intercambia a vaca da súa familia por unhas fabas máxicas. As fabas medran pola noite e convértense nunha xigantesca árbore. Jack escala a árbore ata chegar a un palacio nas nubes onde vive un xigante...

Unha homenaxe en pedra a Antonio Fraguas

 O alumnado do Ceip A Maía participou xunto cos outros colexios do Concello de Ames nesta actividade proposta polos Equipos de Normalización Lingüística: unha homenaxe en pedra a Antonio Fraguas  no Día das Letras Galegas. Escribimos anacos da súa obra en laxas que serán colocadas nos parques de Bertamiráns...

Premer na imaxe para poder ver as laxas.

Axudas para libros e material e Fondo solidario de libros

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de textos e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación primaria, secundaria e educación especial, para o curso escolar 2019/2020 (DOG 20 de maio 2019)

 

1.- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:  

Destinatarios:Alumnado que curse 3º e 4º de educación primaria (curso 2019-2020).

2.-AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: 

Destinatarios: Alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria (curso 2019-2020)

3.-AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR:

Destinatarios: Todo o alumnado matriculado en Educación primaria. (curso 2019-2020), con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 50 €

 

PRAZO DE SOLICITUDE:

Dende o  21 de maio e rematará o día 21 de xuño de 2019 (este incluído).

 

SOLICITUDES:

Modelo solicitude

As solicitudes presentaránse presencialmente no centro docente utilizando o formulario (anexo I) dispoñible en: https://sede.xunta.gal  ou http://www.edu.xunta.es  tamén estará a disposición dos interesados no centro docente.

Xunto coa solicitude (anexo I) deberá presentarse:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros utilizando os seguintes medios:

1º Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

2º Certificado ou volante de convivencia.

3º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

c) Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

e) A incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditatita da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nei ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.

* De tódala documentación que se presente deberán achegar fotocopias e os respectivos orixinais para verificar a súa autenticidade.

(Para máis información, consulte o DOG).

AVISO IMPORTANTE: O alumnado de 6º de primaria que o vindeiro curso (2019-20) pase para o IES deberá facer a solicitude no propio IES 

O maio

Os pequenos de 3 anos achegáronse á tradición dos maios e fixeron este de papel. Ver todo o artigo no blog de 4º A de infantil.

Anxo Moure contacontos medioambiental: a música das árbores.

   O Equipo de dinamización da Biblioteca programou para o 24 de abril,  despois do día do libro, a visita dun contacontos-animador-ecoloxista e pacifista: Anxo Moure. Foi para educación infantil e para os de 2º de primaria do colexio e os rapaces pasárono xenial. Os de 2º de primaria estiveron lendo e traballando o libro do "Caramulo". As aulas de educación infantil leron o libro "O carballo con botas" e fixeron actividades relacionadas con esta historia e que xa vos irán contando nos blogs de infantil e na web do cole. Ver máis no blog da Biblioteca.

   En este montaxe de video intentouse recoller en apenas uns minutos unha moi pequena parte do que fixo Anxo para os nenos.

En este outra montaxe tedes fotos durante  o contacontos.

No día do libro: unha porta, unha aventura!

Para conmemorar o  Día do libro que se celebrou o 23 de abril, o Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo  que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas. Eles e elas foron os que escolleron os libros para traballar... Esta montaxe ofrece unha visita por tódalas portas do colexio de primaria e infantil. (Para ver a entrada completa entrade na Web da Biblioteca)

Como nas portadas dos libros, cada porta ofrece unha historia e moitas aventuras. Pasade!

Día do libro: unha porta, unha lectura!

   O Equipo de Dinamización da Biblioteca propuxo para conmemorar o  Día do libro que se celebra hoxe 23 de abril, que cada clase decorase a súa porta como se fose a portada dun libro. Pequenos e maiores traballaron para transformar as súas portas.

  En esta montaxe xa podedes ver como quedaron as portas de infantil. (en breve subiremos as de primaria)

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

by Dr. Radut