Skip to Content

Abalar

Consellería de Educación

Horto escolar

Fresas na horta

    Os pequenos de infantil de 5ºA seguiron o crecemento das fresas que plantaron o ano pasado: viron aprecer as flores e cómo se iban transformando en froitos. E cando lles vían a cor axeitada recolléronas para comer na clase.

   Os de 3ºB de primaria traballaron no mantemento (CLICAR)  e ademáis plantaron na clase sementes de xirasois que despois transplantaron na horta. No enlace anterior podedes ver outras experiencias na horta que contaron no seu blog.

 

E tamén seguiron o crecemento dos maracuyas da entrada do colexio.

Patacas do horto escolar.

  Os pequenos labregos de 4 anos fixeron estos días a colleita das patacas que plantaran en marzo no curso pasado. Despois preparáronas para asar no forno da clase e coméronas, seguindo así todo o proceso para coñecer de onde veñen os alimentos.  Ler máis aquí+

 

Patacas no horto da Maía

  Antes das vacacións de Semana Santa, os pequenos de 3 anos de 4º A de Infantil foron ao horto e plantaron patacas greladas do país e unha variedade francesa de cor morado. Trátase dunha actividade de Coñecemento do Medio para que aprendan de onde veñen os alimentos. E pronto van levar unha sorpresa porque as patacas xa están asomando!.

Para ver máis premede na imaxe de abaixo que enlaza co blog de infantil.

visitando o horto do colexio

Algúns dos pequenos de 3 anos visitaron por primeira vez o horto escolar no que aínda quedaban algunhas fresas, millo, pementos e berenxenas  que plantaran os rapaces que agora comezaron en primeiro cando estaban en 6º de Infantil...

Estas son algunhas fotos das colleitas anteriores. Os rapaces escribiron e decoraron as etiquetas cos nomes das plantas. E coas leitugas e os tomates cherrys fixeran ensaladas.

Con este proxecto do horto escolar, ademais de diverrtirse e facer  "xornadas gastronómicas", os pequenos aprenderon de onde veñen os alimentos e sobre todo aprenderon a valorar o traballo dos agricultores.

 

Distribuir contido


Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

by Dr. Radut