INICIO DE CURSO: PORTAIS E PORTAS DE ENTRADA

O alumnado de 4º e 5º de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria empezan o xoves 10

O alumnado de 6º de infantil e 4º, 5º e 6º de primaria empezan o venres 11

  • O alumnado transportado accederá polo portal principal (pérgola) a medida que vaian chegando os autobuses, incorporaranse pola porta que lles corresponda, de xeito ordenado e sen esperas.
  • Para todo o alumnado non transportado:
  • EDUCACIÓN INFANTIL, accederá polo portal exclusivo de infantil (novo no patio de 3 anos).
  • 1º, 2º e 3º DE PRIMARIA ENTRAN POLO PORTAL LATERAL, unha vez dentro do recinto a distribución é a seguinte:
    • 1º A, B e C entrarán pola porta nº 1, identificada de cor AMARELO e seguirán a sinalización do chan, circulando sempre pola súa dereita.
    • 2º A e B pola porta nº 3 e 2ºC pola porta nº2, identificada de cor LARANXA, e seguirán a sinalización do chan, circulando sempre pola súa dereita.
    • 3º A, B e C entrarán pola nº 5, identificada coa cor VERDE, e seguirán a sinalización do chan, circulando sempre pola súa dereita.

 

  • 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA ENTRARÁN POLO PORTAL PRINCIPAL, O DA PÉRGOLA, unha vez dentro do recinto a distribución é a seguinte:

 

  • 4º A, B e C entrarán pola porta nº 6, identificada coa cor VERMELLA, e seguirán a sinalización do chan, circulando sempre pola súa dereita.
  • 5º  e 6 A, B e C entrarán pola porta nº 4, e seguirán a sinalización do chan (ROSA para 5º e AZUL para 6º), circulando sempre pola súa dereita.

 

HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA:

Entrada de Educación Infantil

  • 6º EI: entre 8:50h e 9:00h
  • 5º EI: entre 9:00 e 9:10 h
  • 4º EI: Durante o período de adaptación o horario será o que lle especificou o titor/a correspondente. Unha vez finalizado o período de adaptación o horario será sempre  entre 9:10 e 9:20h.

Entrada de Educación primaria

  • 1º EP entrada polo portal lateral entre as 9:10h e as 9:20h
  • 2º EP entrada polo portal lateral entre as 9:00h e as 9:10h
  • 3º EP entrada polo portal lateral entre as 8:50h  e as 9:00h
  • 4º EP entrada polo portal central entre as 9:10 h e as 9:20h
  • 5º EP entrada polo portal central entre as 9:00h e as 9:10h
  • 6º EP entrada polo portal central entre as 8:50h  e as 9:00h

Saída de Educación Infantil

  • Alumnado de comedor: Todo o alumnado de comedor permanecerá na súa aula acompañado polo monitor/a asignado.
  • Alumnado non transportado:
  • Educación infantil: Todo o alumnado non transportado de educación infantil sairá acompañado do seu titor ou titora  que os entregará  polo portal do patio de infantil (novo) nos seguintes tramos horarios..
  • 6º EI: entre as 14:00 e as 14:05h
  • 5º EI: entre as 13:55 e 14:00h
  • 4º EI: Durante o período de adaptación o horario será o que lle especificou o titor/a correspondente. Unha vez finalizado o período de adaptación o horario será sempre  entre as 13:45 e 13:55h.
  • Alumnado transportado: Unha vez entregado o outro alumnado, dirixiranse co seu titor ou titora ao lugar de recollida polas acompañantes de autobús, ademais estarán baixo a supervisión do profesorado de garda.

 
Saída de Educación primaria

  • Alumnado de comedor: Todo o alumnado de comedor permanecerá na súa aula acompañado polo monitor/a asignado.
  • Alumnado non transportado: Todo o alumnado non transportado de educación primaria acudirá ao portal de saída acompañado polo seu titor ou titora. O alumnado sairá do recinto polos seguintes portais e  nos seguintes tramos horarios: 
  • 1º EP saída polo portal lateral entre as 13:45 e 13:55h.
  • 2º EP saída polo portal lateral entre as 13:55 e 14:00h
  • 3º EP saída polo portal lateral entre as 14:00 e as 14:05h
  • 4º EP saída polo portal central entre as 13:45 e 13:55h.
  • 5º EP saída polo portal central entre as 13:55 e 14:00h
  • 6º EP saída polo portal central entre as 14:00 e as 14:05h

 

Alumnado transportado: No momento de saída dirixiranse co seu titor ou titora ao lugar de recollida polas acompañantes de autobús, ademais estarán baixo a supervisión do profesorado de garda.