Proxectando en verde nas artes: música e plástica

2º NIVEL

  Neste nivel traballamos durante este curso, conxuntamente os titores e titoras de segundo curso e a mestra especialista en Educación musical a partir da canción Buscando Papá Noel” de Susa Herrera.

Traballamos tanto nas clases de música como de plástica durante o mes de decembro e durante o desenvolvemento da Unidade Didáctica do Nadal.

Nesta ligazón, publicada recentemente, está reflectida a nosa experiencia:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/610

Coa chegada da primavera tratamos de seguir co fío condutor,  que sería de novo un alegre e transformado bosque primaveral.

Retomamos para iso os slogans que traballaramos no Nadal, pero nesta ocasión propuxemos aos nenos/as de segundo, que en equipos e na clase de plástica, fixeran un cartel e que o decoraran.

   Aproveitando a saída a Apípolis, os nenos e nenas fixeron debuxos de abellas e bolboretas para decorar o mural. Completamos o mural con flores e algúns paxariños. En equipos tamén tiveron que  elaborar animais vertebrados. Para iso vimos distintas imaxes destes animais e observamos as súas características principais.

 

E así de bonito quedou o noso mural!

  Na clase de música aprendemos e cantamos unha cantiga popular sobre as árbores: ”Tres hojitas madre” e tamén fixemos con ela, unha sinxela coreografía. Todos se animaron a participar, pois o fixemos a modo de xogo: cada un propoñía un paso ou movemento e todos o repetíamos, iso si, ao ritmo sempre da música. Finalmente, cada clase creou a súa propia coreografía que os nenos e nenas de segundo, non se cansaron de bailar e practicar. 

3º NIVEL

  Traballamos  como no segundo nivel, a partir da canción “Tres hojitas madre”, conxuntamente titoras e a mestra de música.

  Unha vez motivados xa foi moi fácil aprendela, pois a todos nos gustou moito e logo nas nas clases de plástica, os nenos e nenas debuxaron libremente a partir da cantiga aprendida. Con todos eses debuxos tamén fixemos un libro para a biblioteca.

4º e 5º NIVEL

   Traballamos a partir da cantiga popular galega “ Aparta loureiro verde”.   Vimos fragmentos de vídeos coa interpretación da canción por distintas formacións instrumentais. Comprobamos, entón que é unha canción moi coñecida e popular en Galicia.

Cantamos a canción seguindo a letra e acompañados pola frauta pola nosa mestra de música.

6º NIVEL

   Traballamos tamén coa cantiga Aparta loureiro verde pero aprendendo a tocala e interpretala coa frauta doce.

Para empezar, na clase de música, propuxemos aos nosos alumnos/as que buscaran e seleccionaran na rede, cantigas populares galegas cuxo tema foran as árbores ou  as prantas.

Logo fixemos unha posta en común sobre a información atopada.

Na plataforma de Edixgal e dentro da área de música, se lles proporcionaron aos nenos e nenas diversas ligazóns con recursos, para traballar a cantiga e aprender a tocala, xa de forma máis autónoma, pero guiados sempre,  pola mestra de música.