VISITA AO PAZO DO FARAMELLO

 

O Pazo do Faramello  está situado sobre o canón do río Tinto, afluente do Rio Sar, no lugar do Faramello no concello de Rois, provincia da Coruña.

Este pazo intégrase de forma espectacular na contorna natural que lle rodea é a contorna perfecta onde desenvolver actividades escolares nas que, desenvólvese de diferente maneira un contacto integral coa natureza, e ao tempo poténciase o coñecemento da ecoloxía e a historia de Galicia, por iso mereceu ser mencionado na obra da poetisa Rosalía de Castro, Camilo José Cela ou encomiado por Emilia Pardo Bazán. Ademais, durante a visita acompañounos a TVG facendo unha fermosa reportaxe sobre a mesma, que a podedes vela completa premendo sobre este enlace.

 Cando programamos unha saída co alumnado procuramos que lle proporcionen vivencias nas que participe a comunidade e que ao fin revertan sobre ela axudando a mellorala. Todas as actividades escolares  están enfocadas a un fin solidario, a plantación dunha árbore no Xardín do Recordo. un xardín público memorial á traxedia de Angrois no 2013, como colofón de cada visita

A nosa contribución para que quen visite o xardín foron un códigos QR con información sobre as árbores que plantamos, cercis siliquastrum  ou árbores do amor, para que quen o visite poida acceder no momento e in situ á información.

O noso agradecemento ao dono do pazo, Gonzalo Rivero de Aguilar, por poñer á nosa disposición e desfrute un entorno natural e único como é o do pazo. Tamén a unha parella, pai e nai dunha moza vítima do accidente do Alvia, que nos acompañaron na visita de xeito agarimoso  e discreto. Asun, nai de Laura (unha das vítimas do accidente) contoulles aos nenos e nenas que,  aínda na súa dor sen consolo apoian a Gonzalo na labor de seguir adiante co Xardín do Recordo, porque agora serán fermosas árbores as que lle lembrarán aos seus seres queridos.

 

O noso agradecemento tamén para Guillermo Crespo, membro da Fundación Internacional para a Restauración de Ecosistemas (FIRE), polas súas explicacións sobre a labor de reforestación de bosque atlántico que se está levando a cabo no pazo. E por último, o agradecemento á fotógrafa Elena Cerviño que foi quen de capturar fermosas e únicas imaxes que quedarán no noso recordo do que foi una marabillosa xornada didáctica nun entorno único.