Skip to Content

Admisión

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-2022

 

 

Informamos de que todos os alumnos que solicitaron praza están na LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS para o curso 2021-2022, excepto para o nivel de 6º de Educación Infantil debido á ausencia de vacantes.

Asemade, faise pública a  listaxe de alumnos admitidos e non admitidos para o curso 2021/2022. Esta listaxe poderá ser consultada polas familias do seguinte xeito:

  • Presencial: No taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021/22

 

 

 

 

PRAZO    do 1 ao 22 de marzo de 2021

COMO      Por medio das seguintes canles:

                - Aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

               - Presentando a solicitude no centro de primeira opción (Unha única solicitude, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia) - Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, esta será vinculante).

 

DOCUMENTACIÓN : 

               - Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a súa consulta na propia solicitude.

               - Documento acreditativo do requisito de idade do alumno

               - Certificado oficial do expediente académico, se é o caso.

               - Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.

 

BAREMACIÓN :

         No caso de que se presenten máis solicitudes que prazas vacantes, procederíase á baremación das solicitudes nos 10 días hábiles contados a partir dos dous seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes (25 de marzo ao 15 de abril).

O criterio complementario establecido polo centro asígnase por proximidade do domicilio familiar ao centro, se o lugar de traballo do pai, nai ou titor legal está situado dentro da área de influencia do centro, pasando de 4 a 5 puntos.

 

CONSULTA :    

         O centro publicará as listaxes de admitidos/non admitidos :

                -Listaxes provisionais : antes do 26 de abril (Reclamación: 5 días hábiles a partir da publicación).

                -Listaxes definitivas : antes do 18 de maio.

 

SOLICITUDE :

               - Solicitude de admisión (Formulario ED550B)

               - Será facilitada gratuítamente :   

                          - Nos correspondentes centros escolares
                          - Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados)
                          - Na aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
                          - Nesta páxina web (Ao final deste texto poderedes descargar a solicitude en pdf)

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

PRAZO: do 20 ao 30 de xuño

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut