Skip to Content

Admisión

ADMISIÓN 2023: Lexislación

LEXISLACIÓN:

Como xa case está a piques de comenzar o proceso de admisión, achegámosvos a lexislación relativa a como se vai a desenvolver o procedemento ao longo deste ano.

ADMISIÓN 2023: Delimitación da área de influencia do CEIP Álvarez Limeses

ÁREA DE INFLUENCIA:

Como xa case está a piques de comenzar o proceso de admisión, achegámosvos a delimitación da área de influencia do noso centro para aquelas familias que estades interesadas en solicitar praza para o noso centro.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022 - 2023: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS

 

 

Segundo a ORDE do 18 de decembro de 2020, o centro publicará as listaxes provisionais antes do 25 de abril.

 

O día 22 de abril publicaremos estas listaxes no taboleiro de anuncios do noso centro.

 

Ante estas listaxes provisionais, as familias poderán presentar unha reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

Prazo de reclamación: do 25 ao 29 de abril

 

 

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/23

 

 

 

PRAZO    do 1 ao 21 de marzo de 2022

COMO      Por medio das seguintes canles:

                - Aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

               - Presentando a solicitude no centro de primeira opción (unha única solicitude, na que se poden pór ata 6 centros por orde de preferencia). Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, esta será vinculante.

 

DOCUMENTACIÓN : 

               - Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando se denegue a súa consulta na propia solicitude.

               - Documento acreditativo do requisito de idade do alumno

               - Certificado oficial do expediente académico, se é o caso.

               - Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.

 

BAREMACIÓN :

         No caso de que se presenten máis solicitudes que prazas vacantes, procederíase á baremación das solicitudes nos 10 días hábiles contados a partir dos dous seguintes ao remate do prazo de presentación de solicitudes (entre o 24 de marzo e o 6 de abril, ámbolos dous inclusives).

 

CONSULTA :    

O centro publicará as listaxes de admitidos e non admitidos:

                -Listaxes provisionais: antes do 25 de abril (reclamación: 5 días hábiles a partir do do seguinte á publicación das listaxes)

                -Listaxes definitivas: antes do 16 de maio

 

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:

                 - A través da aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)

                 - Utilizando o código de solicitude e o número do DNI da persoa solicitante

 

SOLICITUDE :

               - Solicitude de admisión (Formulario ED550B)

               - Será facilitada gratuítamente :   

                          - Nos correspondentes centros escolares
                          - Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados)
                          - Na aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
                          - Nesta páxina web (ao final deste texto poderedes descargar a solicitude en pdf)

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

PRAZO: do 20 ao 30 de xuño

OFERTA DE VACANTES PARA O CURSO 2022-2023

 

Velaquí as vacantes que o CEIP Álvarez Limeses ofrece para o curso 2022 - 2023:

 

CURSO

PRAZAS

VACANTES

4º ED. INFANTIL

50

44+6 NEAE

5º ED. INFANTIL

50

7

6º ED. INFANTIL

50

0

1º PRIMARIA

50

1

2º PRIMARIA

50

2

3º PRIMARIA

50

4

4º PRIMARIA

50

3

5º PRIMARIA

50

0

6º PRIMARIA

50

4

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2021-2022

 

Faise pública a LISTAXE DEFINITA DE ALUMNOS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS para o curso 2021-2022, que non sofre variacións respecto da listaxe provisional.

Lémbrase que esta listaxe poderá ser consultada polas familias do seguinte xeito:

 

  • Presencial: No taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut