Skip to Content

blogue dejuancaride

25 DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

O VINDEIRO DÍA 25 LEMBRAMOS A NECESIDADE DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES. 

Diego e o alumnado de 4º B de Ed. Primaria realizou este fantástico traballo sobre esta data:

 

CELEBRANDO O SAMAÍN

Moitas grazas a toda a comunidade educativa por participar no Samaín 2022-23. Especialmente á nosa artista Berta e ás e aos contacontos Berta, Diego, Leticia e Pedro.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos. Procederemos a iniciar a renovación do Consello Escolar.

O primeiro paso a seguir é a publicación da data e hora do sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral.

O vindeiro venres 29 de outubro celebrase na secretaría do centro o sorteo para a elección dos ditos membros. Deberán estar presentes no sorteo: Un representante do profesorado, un representante das familias, un representante do persoal non docente e o director:

Escolleranse:

-Entre o profesorado do centro: un titular e un suplente.

-Entre as familias: un titular e un suplente.

-Entre o persoal non docente: un titular e un suplente.

 

Día das Bibliotecas

Hoxe celebramos o día das bibliotecas cun BOOKFACE (fantástico, por certo).

Moitas grazas a toda a comunidade educativa por participar. 

 

Samaín 2022-23

 

SAMAÍN 2022-23

 

    Como en cursos pasados no CEIP Álvarez Limeses celebraremos a semana do Samaín. Ao longo da vindeira semana, do luns 24 ao xoves 27 , terá lugar O CONCURSO DE CABAZAS. Poderedes traer as terroríficas cabazas antes do xoves (incluído), xa que o xoves e o venres, un xurado especializado escollerá as gañadoras do concurso.

Por certo, o venres todo o alumnado poderá vir disfrazado.

Anímávosvos a participar.

 Recordadon outro samaín.....

 

Samaín 2022-23

 

SAMAÍN 2022-23

 

    Como en cursos pasados no CEIP Álvarez Limeses celebraremos a semana do Samaín. Ao longo da vindeira semana, do luns 24 ao xoves 27 , terá lugar O CONCURSO DE CABAZAS. Poderedes traer as terroríficas cabazas antes do xoves (incluído), xa que o xoves e o venres, un xurado especializado escollerá as gañadoras do concurso.

Por certo, o venres todo o alumnado poderá vir disfrazado.

Anímávosvos a participar.

 Recordadon outro samaín.....

 

Distribuir contido


by Dr. Radut