Skip to Content

blogue dejuancaride

TROCALIBROS

O domingo 23 no Pazo da Cultura de Pontevedra entre as 11 e as 14 horas terá lugar unha nova edición do TROCALIBROS.

Nesta xornada coordinada polo IES Torrente Ballester na que colabora centros educativos e ANPAS de toda a contorna teremos a oportunidade de darlle unha segunda vida a eses libros que temos na casa e que aínda que están en moi bo estado xa non imos volver a ler. 

A partir de mañá poderedes traer estes libros ao centro e a cambio recibirides un vale co que o domingo 23 teredes a ocasión de cambialo polo libro que desexedes, de entre os donados por alumnado doutros centros ou do noso.

Lembrade que os libros que traiades deben estar en bo estado. Tampouco podedes traer enciclopedias ou dicionarios enciclopedicos.

Anímovos a participar nesta iniciativa para dar unha segunda vida a libros, ademáis de reutilizar e reducir o consumo. Dúas das tres R (reducir, reutilizar e reciclar) coas que estamos comprometidos.

 

ENTROIDO 2022-23

Estimadas familias:

Achegámosvos a circular do Entroido. Nela poderedes seguir as recomendacións do noso "Mandadiño". 

Moitas grazas a toda a comunidade educativa.

 

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO QUE CAMBIA DE ETAPA (alumnado de 6º de EP que pasa a 1º de ESO) NO CURSO 23-24

O día 16 de xaneiro comeza o prazo de reserva de matrícula para aquel alumnado que cambia de etapa. No noso caso refírese especialmente ao alumnado de 6º de Ed. Primaria que para o vindeiro curso 23-24 cursará 1º de ESO nun IES. Lembrar que o noso centro de referencia é o IES Valle Inclán.

Para cubrir a documentación, o centro enviará ás familias unha copia do formulario. Tamén se pode ver e cubrir na sede electrónica no seguinte enlace:   https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

As solicitudes poden presentarse no noso centro en horario de secretaría ou telemáticamente.

O prazo de presentación das solicitudes para a reserva de praza (6º Primaria) finaliza o 6 de febreiro.

 

Titorial para facer un adorno de Nadal

Unha compañeira do noso colexio creou este titorial para facer un adorno de Nadal. Animádevos a facelo vos tamén pero sempre coa axuda dun adulto.

 

 

25 de Novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O venres 25 de Novembro todo o alumando e profesorado do CEIP Álvarez Limeses manifestou o seu posicionamento a prol da eliminación da violencia contra as mulleres. Conentrámonos no patio completando un corazón e amosando en carteis morados mensaxes contra esta lacra social.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut