FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
NORMA
|
ORDE do 29 de abril de 2022 (DOG do 18 de maio de 2022)
|
Pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirirlibros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/2023.
|
CÓDIGO de PROCEDEMENTO: ED330B
|
DESTINATARIOS
|
|
|
Fondo solidario de libros de texto
|
3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria
|
Axudas para adquirir libros de texto
|
1º e 2º de E. Primaria
|
Axudas para adquirir material escolar
|
Alumnado de E. Primaria
(De 1º a 6º)
|
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
|
PRAZO
|
Desde o 19 de maio ata o 22 de xuño (incluído)
|
FORMAS DE PRESENTACIÓN
|
Poderán presentar as solicitudes os pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumnado.
|
A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/2023.
|
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, nos formularios normalizados Anexo I e Anexo II,dispoñibles na aplicación informática Fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros
|
Unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude e, posteriormente, poderán optar polas seguintes formas de presentación:
- Na Sede Electrónica (https://sede.xunta.gal): Para a presentación por esta vía poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
- Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados) xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación).
Así mesmo, poñemos a súa disposición o formulario normalizado de Solicitude (Anexo I e II) para que poidan descargalo. Unha vez decargado, deberán cumprimentalo e poderán presentalo no centro.
Tamén temos á súa disposición os formularios de solicitude (Anexo I e Anexo II) en Secretaría para que poidan cubrilos e presentalos no centro.
O horario de atención ao público na Secretaría do centro para este procedemento será de 09.00 a 13:30.
|
Alumnado
6º E.P.
|
O alumnado que está actualmente en 6º, poderá presentar a solicitude por vía electrónica ou no INSTITUTO onde vaia estar matriculado no curso 2022/2023.
|
DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA
|
-
Copia do Libro de Familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
-
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
No caso de que o solicitante careza de DNI ou NIE, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello.
|
PUBLICACIÓN
|
Publicación de listaxes provisionais>
|
O 24 de xuño
|
Reclamación ás listaxes provisionais>
|
2 días hábiles seguintes á publicación
|
Publicación das listaxes definitivas>
|
O 30 de xuño
|
As listaxes publicaranse única e exclusivamente no TABOLEIRO DE ANUNCIOS situado no interior do centro
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.
|
ENTREGA DE LIBROS E VALES
|
A entrega dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2022/2023 realizarase no mes de SETEMBRO, xunto co documento de “ENTREGA” que terá a sinatura da persoa tiltular da dirección, o selo do centro e a sinatura do/da representante legal do alumnado, a quen se lle entregará unha copia.
Os VALES para adquirir libros de texto para o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e dos VALES para adquirir material escolar destinados ao alumnado matriculado en E. Primaria entregaranse na semana comprendida entre o 1 e 9 de xullo de 2022, entre as 10.00 e as 13.00.
|