Skip to Content

blogue deadmin

ADMISIÓN 2023: Lexislación

LEXISLACIÓN:

Como xa case está a piques de comenzar o proceso de admisión, achegámosvos a lexislación relativa a como se vai a desenvolver o procedemento ao longo deste ano.

ADMISIÓN 2023: Delimitación da área de influencia do CEIP Álvarez Limeses

ÁREA DE INFLUENCIA:

Como xa case está a piques de comenzar o proceso de admisión, achegámosvos a delimitación da área de influencia do noso centro para aquelas familias que estades interesadas en solicitar praza para o noso centro.

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS

Rematado o prazo de presentación de candidaturas dos pais/nais ao Consello Escolar e reunida a Xunta Electoral, faise a proclamación das candidaturas.

- Victor Manuel Prieto Cervera-Mercadillo

- Miriam Raposeiras Roubín

Lembrarvos que nestas elección escóllense a 2 candidatos do sector de pais/nais e que as elección terán lugar o día 29 de novembro nas seguintes quendas:

- de 09:00 a 10:00

- de 13:30 a 14:00

- de 16:30 a 18:30

Calendario Eleccións ao Consello Escolar

Segundo a  RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación  e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos corresponde facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar procede neste caso renovar dou representante do Claustro de mestres e mestras e dous representantes das familias. 

Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar e despois de reunirse a Xunta Electoral para tal efecto, preséntase á toda a Comunidade Educativa, o calendario de actuacións para tales efectos.

 

DATA/PRAZO

XESTIÓN

25-10-2022

Aviso ás familias para informar do comezo do proceso electoral do Consello Escolar

28-11-2022

Sorteo público, promovido polo Director do centro, para a designación de representantes de familias, mestres e persoal non docente.

Hora: 12:00 horas

08-11-2022

Reunión constitutiva da Xunta Electoral: nomear Secretario, concretar calendario de eleccións e horario de votacións, aprobación de censos, solicitar representantes da ANPA, do Concello, publicar o procedemento de renovación do consello escolar…

Hora: 17:30 horas

10-11-2022

Publicación dos Censos Electorais.

-       Prazo para presentar enmendas do 10 ao 17 de novembro ata ás 14:00 h.

Dende o 11 ao 18 de novembro

Prazo de presentación das candidaturas.

-       Dende o día 9 ás 11:30 horas ata o día 17 ás 14:00 horas.

15-11-2022

Reunión de Claustro Informativo

-       Normas de elección.

-       Fixar data claustro extraordinario eleccións sector profesorado.

Hora: 18:00 horas

21-11-2022

Reunión da Xunta Electoral para a admisión e proclamación das candidaturas e aprobación do modelo de papeletas electorais.

Hora: 17:30 h

23-11-2022

Publicación das Candidaturas Admitidas

29-11-2022

Eleccións a representantes de Familias:

Eleccións a representantes de Mestres:

Quendas para exerzer o dereito ao voto:

·      de 09:00 a 10:00

·      de 13:30 a 14:00

·      16:30 a 18:30 horas

01-12-2022

Reunión da Xunta Electoral. Proclamación de Candidatos Electos.

(pendente de confirmar hora)

02-12-2022

Publicación dos resultados das votacións.

13-12-2022

Reunión de constitución do novo Consello Escolar.

Hora: 16:00 horas

Eleccións ao Consello Escolar

SORTEO DA XUNTA ELECTORAL

 

Hoxe celebrouse na secretaría do centro CEIP ÁLVAREZ LIMESES, ás 12:00 horas o sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral que ten que organizar e supervisar o procedemento da elección dos membros do Consello Escolar.

De acordo coa lexislación en vigor e tras a celebración do sorteo, as persoas elexidas foron as que se relatan a continuación:

Mestres:

  • Titular: Laura Díaz de Carvalho (Nº 7)
  • Suplente: Pilar Bordetas Álvarez-Quiñones (Nº 3)

Nais/Pais/Titores:

  • Titular: Susana Enríquez Presa (Nº 167)
  • Suplente: Jorge Pérez Bande (Nº 451)

Persoal de Administración e Servizos:

  • Titular: Mª Isabel García Marvizón
  • Suplente: Yolanda Riveiro Soliño 

 

XOGADE

Estimadas familias, 

O vindeiro día 18 de outubro, os alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria do noso centro, participará no Campionate XOGADE que terá lugar no parque da Illa das Esculturas.

Os nenos levarán o xoves a autorización para participar en dita actividade, pero queremos compartir con vós, no adxunto a esta entrada, toda a información ao respeto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut