Skip to Content

Secretaría

Formalización da Matrícula Curso 2012-2013

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos no Centro formalizarán a súa inscripción na Secretaría do colexio do 20 ao 30 de xuño. Transcorrido este prazo, entenderase que os alumnos/as non matriculados renuncian á praza.

A documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

  • Impreso de matrícula.
  • Certificado médico.
  • 4 Fotografías tamaño carnet.
  • 2 fotocopias da tarxeta sanitaria.

Axudas para adquisición de libros de texto

Páxina web da Consellería de Educación con toda a información: Gratuidade Solidaria: Curso 2012/2013

Modelo de solicitude (formato pdf): ANEXO I - SOLICITUDE

Listado Definitivo de Admitidos para o curso 2012/2013.

Unha vez rematado o prazo legal e non habendo ningún tipo de reclamación, elévase a definitiva a lista provisional de alumnado admitido publicada con anterioridade.

Listado Provisional de Admitidos Curso Escolar 2012/2013

Adxúntase o listado provisional de admitidos para o vindeiro curso escolar 2012/213.

O prazo de posibles reclamacións ante o Consello Escolar do centro é de CINCO días hábiles a contar dende hoxe, 27 de Abril.

Listado Provisional de Admitidos 2012/2013

Concello de A Coruña: Bases para concesión becas comedor curso 2012-2013.

O pasado luns día 23 de abril publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña as Bases Reguladoras para a concesión de becas de comedor escolar por parte do Concello de A Coruña de cara ao vindeiro curso 2012-2013. No arquivo pdf adxunto tedes o texto íntegro desas bases.

Arquivo: B.O.P. 23/04/2012 Bases concesión becas comedor curso 2012-2013

Actividades formación en Linguas Estranxeiras para o alumnado 2012

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2012.

No caso concreto deste centro o alumnado que podería solicita-las sería o que está matriculado en 6º de Ed. Primaria.

Cartel informativo en formato pdf

Xornada de Portas Abertas

O CEIP Alborada fará unha xornada de portas abertas o luns, día 05 de marzo, ás 16:00h., para os pais/nais de alumnado de 3 anos de nova matrícula (curso 2012/2013).

Circular informativa en formato pdf

Circular Nadal 2011

Adxúntase en formato pdf a circular ás familias de data 20/12/2011.

Arquivo: Circular Nadal 2011 (formato pdf)

Transporte Escolar Curso 2011-2012

Adxúntanse os listados de usuarios de transporte escolar para o presente curso 2011-2012, coa parada indicada por cada un deles.

Prégase que no caso de existir algún erro ou disconformidade se poñan en contacto o maior brevidade co centro.

Distribuir contido



by Dr. Radut