Skip to Content

Secretaría

Axudas para o alumnado NEAE

Por resolución definitiva da Secretaría de Universidades de data 3 de maio de 2017 concedéronse as bolsas de axudas de necesidade especificas de apoio educativo para estudos non universitarios.

Dita resolución está publicada na páxina web do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e no taboleiro de anuncios da Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Coruña.

Esta resolución pon fin vía á administrativa e, poderáse interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo de un mes, contado desde o 4 de maio ata o 5 de xuño. O recurso ten que presentarse a través de caquera Rexistro segundo o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e dirixido á sección de becas

Listaxes provisionais de admitidos/as para o curso 2017/18

Educación Infantil

  • 4º de Educación Infantil.
  • 5º de Educación Infantil (non se presentaron solicitudes).
  • 6º de Educación Infantil (non se presentaron solicitudes).

Educación Primaria

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación destas listaxes, de acordo coa ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. 

Admisión de alumnado para o curso 2017/2018

Desde o día 1 ata o 20 de marzo, ambos os días inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso 2017/2018 no procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato (regulado polo Decreto 254/2012, a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 25 de xaneiro de 2017). Premede aquí para descargar o impreso.

Ademais disto, vaise celebrar unha xornada de portas abertas o vindeiro luns, 6 de marzo, ás 16:30.

Formalización da Matrícula Curso 2014-2015

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos no Centro formalizarán a súa inscripción na Secretaría do colexio do 20 ao 30 de xuño. Transcorrido este prazo, entenderase que os alumnos/as non matriculados renuncian á praza.

A documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

Os impresos tamén se poden recoller en Conserxería.

Relación de Libros de Texto para o curso escolar 2014-2015

Procédese a publicar a seguinte relación de:

 

Axudas para adquisición de libros de texto

Páxina web da Consellería de Educación con toda a información: Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015

Información facilitada polo centro na Circular ás familias

Listado Definitivo de Admitidos Curso Escolar 2014-2015

Unha vez rematado o prazo legal e non habendo ningún tipo de reclamación, elévase a definitiva sin cambio algún a lista provisional de alumnado admitido publicada o pasado 22 de abril.

Listado Provisional de Admitidos Curso Escolar 2014-2015

Adxúntase o listado provisional de admitidos para o vindeiro curso escolar 2014/2015.

O prazo de posibles reclamacións ante o Consello Escolar do centro é de CINCO días hábiles a contar dende o 22 de Abril.

Listado Provisional de Admitidos 2014/2015

 

Concesión das bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2014-2015

Ven de publicarse no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña a normativa que regula as Bases para a concesión de becas de comedor curso 2014-2015 por parte do Concello de A Coruña.

Enlace á web municipal coa información completa das bases e modelos a presentar:

Distribuir contido



by Dr. Radut