Skip to Content

Secretaría

Recollida de expedientes 6º

O día 30 poderedes pasar a recoller os expedientes de 6º curso no seguinte horario:

6ºA de 9:30 a 10:30

6ºB de 10:30 a 11:30

6ºC de 11:30 a 12:30

Lembrade que debedes vir provistos de mascarillas e que debedes gardar a distanza de seguridade establecida.

 

Matrícula no centro de nova creación en Novo Mesoiro

A partir do día 1 de marzo, recolleranse no noso centro as solicitudes de admisión para o centro de recente creación en Novo Mesoiro.

 

Listado definitivo de admitidos no fondo solidario de libros de texto.

Estimadas familias,

no documento adxunto podedes consultar o listado definitivo de alumnado admitido para o fondo solidario de libros de texto.

A listaxe definitiva de solicitudes excluídas está publicada no taboleiro do colexio.

Listado Provisional de admitidos no fondo solidario de libros de texto.

Estimadas familias,

no documento adxunto podedes consultar o listado de alumnado admitido para o fondo solidario de libros de texto.

A listaxe provisional de solicitudes excluídas está publicada no taboleiro do colexio. As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á data de hoxe  4/07/2018.

Libros de texto para o curso 2018-2019.

Estimadas familias,

no documento adxunto podedes atopar por niveis, todos os libros de texto para o curso académico 2018-19.

Circular de fin de curso.

Ante a proximidade do fin de curso 2017-2018, infórmase aos pais e nais do alumnado deste Centro das seguintes cuestións:

1. Asistencia do alumnado e entrega de cualificacións.

O alumnado asistirá ao Colexio ata o próximo día 21, inclusive, en horario habitual de 09'00 a 14'00 horas. Os informes ás familias coas cualificacións finais entregaranse o día 21 de Xuño, ao final da sesión lectiva.

2. Entrevistas de pais/nais co profesorado.

As pais/nais que desexen ter unha entrevista de final de curso co profesorado do Centro, poderán facelo o día  22 de Xuño  de 10'00 a 12'00 horas. Despois de dito día, só se recibirán visitas que estean plenamente xustificadas e con previa petición de hora.

De acordo coa Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, as nais e pais do alumnado de 6º curso deberán acudir ao Centro, o día 29 de 10:30 a 13 horas, para retirar o Historial Académico dos seus fillos/as, asinando o recibín correspondente. Caso de non poder asistir nese día, poderán retirar ditos documentos ata o día 3 de xullo na Conserxería do Centro.

3.Libros de texto

O listado de libros de texto para o curso escolar 2018-2019 está exposto no taboleiro de anuncios do Colexio desde o 15 de xuño. Respecto ao programa de Axudas de libros e material e Fondo solidario, recordar que debemos estar ao disposto na  Orde do 9 de maio  (DOG 21/05/2018). 

Porán retirar os vales de Axuda de libros e os de material os días 29 de xuño  e 4 de xullo, en horario de 10 a 13 horas.

Formalización de matrícula para alumnado de nova incorporación para o curso 2018-2019.

Estimadas familias,

os alumnos/as de novo ingreso admitidos no centro formalizarán a súa inscripción na Secretaría do colexio. A documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

- Impreso de matrícula (recoller en Conserxería ou na páxina web do colexio).

- Impreso de autorizacións (recoller en Conserxería ou na páxina web do colexio).

- Impreso de pregunta ás familias do alumnado de 4º nivel de E.Infantil sobre a lingua materna (recoller en Conserxería  ou na páxina web do colexio).

- 4 Fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia tarxeta sanitaria.

- Fotocopia do boletín de vacinas.

- De ser o caso, sentenza de separación ou divorcio (no caso de non telo entregado no período de escolarización).

- Copia do boletín de avaliación final do curso 2017/2018 (para alumnos xa escolarizados noutro colexio).

A Coruña, 14 de xuño  2018.

A DIRECCIÓN.

Convocatoria do fondo solidario, axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

Estimadas familias,

no documento adxunto podedes consultar toda a información relativa á convocatorio do fondo solidario de libros de texto e ás axudas destinadas á adquisición de libros de texto e material escolar para o curso académico 2018/2019 para o alumnado de Educación Primaria.

Lembrade que o prazo de solicitude remata o 22 de xuño.

Circular sobre a avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 3º de EP.

En cumprimento co disposto na Resolución do 10 de abril de 2018 pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria pra o curso 2017-2018 (DOG 26-04-2018), informámoslles que:

  • A finalidade da avaliación individualizada, tal e como expresa o artigo 2º da devantita resolución é "comprobar o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades do alumnado en expresión e compresnsión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación coa adquisicióon da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática".
  • A realización das probas será os días 23 e 24 de maio, e nelas todas as nenas e nenos de 3º curso de educación primaria deste centro, así como o resto do alumnado deste nivel da nosa Comunidade Autónoma, participarán nas citadas probas avaliativas.
  • Esta avaliación ten carácter informativo e orientador.
  • As probas estarán constituídas por cadernos de alumnado para cada unha das comptencias obxecto de avaliación e cuestionarios de contexto dirixidos ás peroas titoras, á dirección do centro, ao alumnado e ás súas familias.

Confiamos en que esta inofrmación lle resulte de interese. Pola nosa parte seguimos a traballar para colaborar con vostedes na educación e formación integral dos seus fillos/as e quedamos á súa disposción.

A Coruña, 22 de maio de 2018.

A Dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut