Skip to Content

PASARRÚAS DE ENTROIDO

O pasarrúas de Entroido foi moi divertido e pasámolo bomba disfrazados de persoaxes de películas, palomiteiros...

Pouco o pouco iremos colgando imaxes do mesmo nesta entrada. Velaquí tedes un aperitivo:

3 ANOS:

 

4 ANOS:

Percorrendo o camiño de baldosas amarelas chegaron as persoaxes do Mago de Oz.

 

 

 

5 ANOS:

5 anos lanzouse baixo o auga e trouxo para nós ás persoaxes de Buscando a Nemo.

 

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES DO AMPA

Posto que o Abalar está dando problemas estes días (xa se comunicou ao servizo técnico e esperamos que se arranxen canto antes) queremos comunicarvos que o venres non haberá actividades pola tarde posto que é a festa.

Pasarrúas de Entroido

O pasarrúas de Entroido comezará ás 12:30.

En caso de que chova, levarase a cabo no polideportivo.

Visitamos ao Deportivo

Recentemente os nosos rapaces/as veñen de visitar ao Deportivo e o xornal fíxose eco da súa visita.

Premede no enlace para ver a noticia.

Mandadiños do Meco

Un ano máis xa está aquí o Meco facendo das súas.

A semana próxima temos unha chea de propostas:

 Lembrade que as propostas non son acumulativas. Cada día facemos o que pon para ese día concreto.

 

Animádevos a participar!!!

 

O luns todos/as viñemos ben guapos/as coa cabeza adornada:

 

 

O martes foi un día estupendo, nin sequera tivemos que vestirnos para acudir ao cole, directamente saltamos da cama en pixama.

 

O mércores só levabamos zapatos de cores distintas e non daba para moita foto pero o xoves... mirade que xente tan elegante!!! Estabamos listos para recoller un Oscar.

 

Distribuir contido



by Dr. Radut