Skip to Content

Tempo de contos

Nestes días en que non podemos vervos o cole segue en marcha, preparándose para cando poidades estar de regreso canda nós.

Neste caso quixera amosarvos o precisísima que está quedando a nosa nova biblioteca de infantil .

Agora xa non teremos que cambiar de piso cando queramos usala e vaivos encantar o seu chan quentiño e agradable.

Aínda nos faltan uns sofás e moitas outras cousas pero póñovos estas imaxes para ir coñecéndoa un pouco.

En canto esté lista ensinareivos máis fotiños.

TAREFAS PARA ESTA NOVA SEMANA DE CONFINAMENTO 20-30 abril

Queridas familias:

Valaquí tedes o traballo para esta nova semana.

 

Infantil 3 anos:

Material para esta semana (20-30 de abril) premendo no enlace

 

Infantil 4 anos:

Desde 4 anos propoñemos para esta nova semana (20-30 de abril) unha serie de traballos, cancións e xogos que montamos nunha presentación. Premede no enlace para ver a presentación.

 

Se preferides telo como documento premede aquí

 

A música debe ocupar un lugar tamén no noso tempo e na nosa formación. Por iso velaquí tedeso enlace un documento con varias cancións e conceptos musicais que traballamos na clase. Se premedes nos títulos, levaranvos directamente á páxina de youtube correspondente.

 

Neste enlace tedes unhas actividades para a estimulación da lingua oral (PELO)

 

Infantil 5 anos:

 

TAREFAS PARA ESTA SEMANA DE CONFINAMENTO

Queridas familias:

Como xa sabedes estamos nun momento excepcional. De momento aínda non sabemos como se levará adiante o terceiro trimestre.

Polo momento propoñemos aos pequenos/as tarefas de repaso de contidos xa traballados.

Tan pronto como nos faciliten novas instruccións comunicarémosvolas.

Aínda non tódolos cursos teñen o traballo pautado, só os que teñen os enlaces en azul funcionan, iremos subindoos en canto sexa posible.

Infantil 3 anos:

Enlace ao material proposto polas profes

un pouquiño máis de material para esta semana (20-30 de abril) premendo no enlace

 

Infantil 4 anos:

Xa que imos ter que pasar un tempo metidiños na casa, convidámosvos a explorar outras casas diferentes. premede no enlace para acceder a un libro lim ao respecto.

Desde 4 anos propoñemos para esta nova semana (20-30 de abril) unha serie de traballos, cancións e xogos que montamos nunha presentación. Premede no enlace para ver a presentación.

Grazas de corazón!!

Os nosos pequenos/as queren amosar o seu agradecemento a tódolos profesionais que cada día arriscan a súa vida para procurarnos a todos un maior benestar.

Premede na imaxe para ver o video

e por se non arrinca como debería, velaquí tedes outra ligazón

Reforzo

Os enlaces que figuran  acontinuación son só para aqueles pequenos/as con asignaturas suspensas pois están destinados a favorecer que acaden as competencias que non teñan superados satisfactoriamente.

Actividades Reforzo inglés 3º

Actividades Reforzo inglés

 

1º de primaria:

Caderno lingua galega repaso do 2º trimestre

Cuaderno de lengua repaso del 2º Trimestre

Cuaderno de matemáticas repaso del 2º trimestre

Distribuir contido



by Dr. Radut