Skip to Content

O Nadal xa está aquí

 

Festival de Inverno:

Agora que por fin parece que retomamos a normalidade, queremos abrir de novo as portas ás familias no Festival de Inverno.

O alumnado de infantil actuará o día 20 de decembro entre as 11:00 e as 12:00

O alumnado de Primer ciclo (1º e 2º curso de primaria) actuará o día 20 de decembro entre as 9:30 e as 10:30.º 

O alumnado de segundo ciclo (3º e 4º curso de primaria)actuará o día 19 de decembro entre as 9:30 e as 10:30.

O alumnado de terceiro ciclo (5º e 6º curso de primaria)actuará o día 19 entre as 11:00 e 12:30 

 

Cada neno/a disporá de 2 entradas agás no caso do terceiro ciclo que, por problemas de aforo deberá confirmar a súa asistencia previa antes do día 15 ao titor/a por abalar ao obxecto de distribuir 1 ou 2 entradas en función do número de familias que desexen acudir.

Solicitude de axudas para transporte escolar

As familias que precisedes solicitar as axudas individualizadas de transporte tedes á vosa disposición os documentos para solicitala.

Podedes enviala a través do email: ceip.alborada@edu.xunta.gal

Xa se acerca a ENKI

Un ano máis xa se acerca a ENKI e desta vez viñeron gravar parte do seu anuncio ao noso centro que, como sabedes sempre participa na mesma.

Velaquí o tedes!!!

9ª Edición Carrera de Obstáculos por la Inclusión ENKI 2022: #YoJuegoConENKI

Algunhas cousiñas a ter en conta neste comezo de curso

Achégase un novo comezo de curso e cómpre lembrar algunhas cousas e presentalas para aqueles/as que veñades ao noso cole por primeira vez. Aínda que sexades veteranos non deixedes de miralas pois coa chegada da vida normal, chega tamén a normalidade ao centro nas entradas, saídas...

 

Os mestres: (premede na imaxe para ampliar)

Se consultades o tríptico poderedes ver os mestres/as titores/as de cada grupo, especialistas e moita outra información de interese.

 

OS NOVOS HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA: (premede na imaxe para ampliar)

 

 

 

Imágenes de Icono Libro | Vectores, fotos de stock y PSD gratuitosBIBLIOTECA:

Distribuir contido



by Dr. Radut