tel: 881 961 192 / email: ceip.alborada@edu.xunta.gal
Algunhas cousiñas a ter en conta neste comezo de curso
Achégase un novo comezo de curso e cómpre lembrar algunhas cousas e presentalas para aqueles/as que veñades ao noso cole por primeira vez. Aínda que sexades veteranos non deixedes de miralas pois coa chegada da vida normal, chega tamén a normalidade ao centro nas entradas, saídas...
Os mestres: (premede na imaxe para ampliar)
Se consultades o tríptico poderedes ver os mestres/as titores/as de cada grupo, especialistas e moita outra información de interese.
OS NOVOS HORARIOS DE ENTRADA E SAÍDA: (premede na imaxe para ampliar)
BIBLIOTECA:
O uso da biblioteca polas tardes comezará o día 13 de setembro e abranguerá de martes a venres, só para rapaces/as de Ed. Primaria.
O horario será de 16:00 a 18:00 e os pequenos/as poderán sair da mesma ás 17:00 ou ás 18:00.
O aforo máximo da biblioteca é de 30 nenos/as polo que será preciso achegar ao correo do centro (ou a admon.) o formulario de solicitude de uso da mesma indicando os días en que a precisará. Terán prioridade as familias que podan acreditar a súa necesidade para conciliar.
En caso de precisar facer un uso esporádico deberá cubrirse o formulario e enviarse ao correo do centro o día anterior.
Os rapaces/as que teñan actividades polas tardes no centro e queran facer uso da biblioteca nas horas intermedias poderán facelo pois os monitores adoitan responsabilizarse da súa recollida ou entrega na biblioteca, segundo sexa o caso
Non respectar as normas de convivencia da biblioteca será motivo de expulsión da mesma.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
solicitud biblioteca.png | 35.91 KB |
uso esporádico da biblioteca permiso.pdf | 82.14 KB |
profesorado 22-23.png | 673.74 KB |
profesorado 22-23 (1).pdf | 495.27 KB |
entradas e saídas WEB.png | 457.44 KB |
ORGANIZACION 1º DIA-1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.png | 531.3 KB |