Skip to Content

Eleccións de membros de consellos escolares de centros públicos.

21 Out 2018
Europe/Madrid

Estimadas nais e pais:

No Diario Oficial de Galicia do día 8 de outubro de 2018 aparece publicada unha resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

En dita resolución sinálase que as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar celebraranse entre os días 26 e 30 de novembro de 2018. Tamén se sinala a necesidade de constituír unha xunta electoral encargada de regular o proceso de eleccións.   

Así, o vindeiro mércores día 24 de outubro, ás 12.00 horas, terá lugar o sorteo público na Biblioteca do colexio para a constitución da citada Xunta Electoral. 

Unha vez máis queremos lembrarvos a importancia destas eleccións nas que todas as nais e pais son electores e tamén elixibles, sempre que presenten a súa candidatura. 

O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno do centro con funcións que inclúen entre outras: participar na elección do director ou directora, na avaliación das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro, da Programación Xeral Anual, na análise e valoración do funcionamento xeral do centro…

Unha vez se concrete o calendario, recibiredes unha información máis ampla e, en todo caso, ante calquera dúbida pasade polo colexio e intentaremos aclaralas. 

 

Un saúdo. 

O director.

 



page | by Dr. Radut