Skip to Content

Novas

Becas para o alumnado NEAE curso 2022-2023

A convocatoria para a xestión das becas para o alumnado NEAE saíu publicada o mércores 18 de maio e o procedemento para solicitala está aberto dende hoxe, 19 de maio, ata o 30 de setembro. É importante ter en conta que aínda que o prazo remata o 30 de setembro hai que entregar no centro, antes desta data, o PDF impreso.

 

Poderán solicitar ditas axudas as familias con alumnado NEAE escolarizadas tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria.

 

A continuación achéganse as dúas páxinas nas que se explica o procedemento para solicitalas:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Eleccións de membros de consellos escolares de centros públicos (II)

0 Array
Array

Estimadas nais e pais:

A Xunta Electoral constituída segundo o establecido no Decreto 92/1988 para organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, fixou na súa reunión do día 5 de novembro o calendario que vos adxuntamos.

Segundo ese calendario, dende o día 6 ata o día 14 de novembro, estarán expostos no Centro os censos electorais e poderán presentar candidaturas todas as nais e pais interesados en formar parte do Consello Escolar. Para iso terán que pasar polo colexio onde se lles facilitará un modelo de credencial. O prazo de admisión de candidaturas remata tamén o día 14 do presente mes.

O día 26 de novembro terán lugar as votacións dos diferentes sectores para elixir os seus representantes. O horario de votación para o sector de nais e pais do alumnado será de 12 a 14 horas e de 16 a 18 horas.

Queremos lembrarvos que:

• Nesta convocatoria corresponde unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar, no sector de nais e pais corresponde a renovación de dous dos vosos representantes.

• Todas as nais e pais sodes electores, é dicir, podedes votar os dous.

• Todas as nais e pais sodes elixibles, sempre que presentedes a vosa candidatura.

• Para poder votar debedes estar correctamente inscritos no censo.

Unha vez máis, poñémonos á vosa disposición para intentar resolver calquera dúbida que teñades.

Un saúdo.

O director

Eleccións de membros de consellos escolares de centros públicos.

21 Out 2018
Europe/Madrid

Estimadas nais e pais:

No Diario Oficial de Galicia do día 8 de outubro de 2018 aparece publicada unha resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

En dita resolución sinálase que as eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar celebraranse entre os días 26 e 30 de novembro de 2018. Tamén se sinala a necesidade de constituír unha xunta electoral encargada de regular o proceso de eleccións.   

Así, o vindeiro mércores día 24 de outubro, ás 12.00 horas, terá lugar o sorteo público na Biblioteca do colexio para a constitución da citada Xunta Electoral. 

Unha vez máis queremos lembrarvos a importancia destas eleccións nas que todas as nais e pais son electores e tamén elixibles, sempre que presenten a súa candidatura. 

O Consello Escolar é o órgano colexiado de goberno do centro con funcións que inclúen entre outras: participar na elección do director ou directora, na avaliación das Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia do centro, da Programación Xeral Anual, na análise e valoración do funcionamento xeral do centro…

Unha vez se concrete o calendario, recibiredes unha información máis ampla e, en todo caso, ante calquera dúbida pasade polo colexio e intentaremos aclaralas. 

 

Un saúdo. 

O director.

 

Saúdo

0 Array
Array

Saúdo

Temos varias novas no comezo de este curso:

Renovamos certificación de calidade por outros 3 anos.
Estreamos as obras realizadas este verán:
Polo Concello: Renovación da cuberta do patio interior, baixada dos teitos das aulas, cambio de canlóns do pavillón pequeno e cobertizo na entrada ao patio cuberto (sen rematar).

Pola Consellería: Pintura exterior do centro e conexión a
internet en todas as aulas.
 
Contamos con páxina web no centro onde poderedes consultar as novidades que se vaian producindo na dirección:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipafraga/

Para continuar por este camiño de mellora do colexio é imprescindible seguir contando coa participación activa de todas e todos.
 
Ese é o noso desexo para este curso.

O EQUIPO DIRECTIVO.

Distribuir contido


by Dr. Radut