Biblioteca

As 7 Herbas de San Xoán

Estamos levando a cabo un obradoiro para aprender sobre as 7 herbas de San Xoán.

Aprendemos cales son esas 7 herbas, a identificalas e algunhas das súas caraterísticas e usos. Tamén observamos outras herbas que tamén se poden empregar para facer o cacho nesa noite tan máxica do ano e que, ademais podemos atopar na nosa contorna.

Día do Medio Ambiente: Códigos QR nas nosas árbores

Xa podedes obter a información recollida polo alumnado sobre a flora da nosa escola. Unicamente tedes que ler cun dispositivo móvil o código QR que se atopa en cada unha das árbores, arbustos e plantas que temos nos nosos patios.

Día do Medio Ambiente

Velaí tedes unhas pequenas recomendacións que podemos ter en conta para coidar do noso Planeta.

Esperamos que entre todos poñamos en marcha estas pequenas accións e entre todos axudar a coidar do medio ambiente.

Recomendaicóns Lectores polo Día do Medio Ambiente

O vindeiro 5 de xuño conmemórase o Día do Medio Ambiente. Xa podedes desfrutar no expositor da porta da biblio dunhas lecturas sobre o coidado do noso planeta.

Queremos facer unha mención especial ao libro "La Isla", de Anna Casals e Paolo Ferri, unha historia sobre a evolición do coñecemento humano e as consecuencias do progreso ilimitado:

No medio dun océano interminable, onde solo se vislumbra o horizonte, aparece de súpeto unha illa. É remota, misteriosa e exuberante, e está habitada por un grupo de Nenos Exploradores. Valente e curiosos, os xóvenes investigan o seu entorno e viven completamente conectados coa natureza. Pero unha serie de grandes descubrimentos, que o principio traen alegría e benestar, terminan provocando disputas e degradación da natureza. Poderán os Nenos Exploradores reverter esa situación antes de que sexa demasiado tarde??


 

Obradoiro de Xabón

En relación co noso proxecto "As raíces que nos unen" levamos a cabo un obradoiro de elaboración de xabón e pasta de dentes con herbas aromáticas e medicinais presentes na nosa contorna.

O xabón vimos como o elaboraban, xa que é un proceso químico algo perigoso para ser manipulado polas nenas e nenos máis pequenos da escola. Pero poidemos facer a nosa propia pasta de dentes!

Distribuir contido

Back to top