Educación musical

VÍDEO DE PEDRO E O LOBO

Se queres ver a clásica animación de Disney, realizada en 1946 e baseada na música de Sergei Prokofiev (en español latino), preme aquí.

BUDIÑO NO COLEXIO DE ABELENDO-MOAÑA

O luns 25 de maio o gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño agasallou ós alumnos , alumnas e profesorado do colexio de Abelendo cunha clase maxistral moi especial na que descubrimos , entre outras moitas cousas , as partes dunha gaita e a súa función e a súa andadura persoal e profesional. Pero o que non podía faltar era escoitar como soa  este instrumento tradicional galego nas mans deste mestre que se vestiu por primeira vez de gaiteiro en setembro do ano 1983 na inauguración , precisamente, do C.E.I.P.  de Abelendo. Esta actividade forma parte das actividades programadas polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do Colexio de Abelendo para este curso.

Distribuir contido

Back to top