Educación musical

FESTEXAMOS O DIA DO LIBRO

Hoxe 24 de Abril, festexamos o día do libro no colexio. Desde a Biblioteca xa viñéramos facendo actividades a semana pasada pero hoxe foi o gran día. Despóis do recreo os padriños e os seus afillados estiveron lendo no patio os seus libros favoritos. Despóis fixeron debuxos inspirados nas historias e para rematar cantaron todos xuntos a canción de Paco Nogueira "Un libro".

 

WHEN THE SAINTS GO MARCHING IN

Na clase de música estivemos a traballar o tema "When the Saints go Marching in" que tocamos no entroido deste ano. Aquí tedes un vídeo do ensaio previo ao desfile.

CANCION DO ENTROIDO 2017. "MIRA O MEU DISFRAZ"

Aquí vos deixamos a canción do entroido deste ano. "Mira o meu disfraz"

A letra foi escrita polos alumnos/as de sexto de primaria na súa clase de música e a música é da canción "Sofia" de Alvaro soler. Premede na imaxe para escoitala.

SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA

O mércores 1 de febreiro os alumnos/as de terceiro e cuarto fomos a ver a obra “Sandra e Meirol en Xistralia” de Gaiteiros da Xistra ao auditorio de Abanca en Vigo. A obra musical foi a seguinte:

Meirol, un músico caracol, acompañou a Sandra nunha viaxe chea de sorpresas e obstáculos. Ambos xogaron cos instrumentos musicais tradicionais e cos Fastudos. Coñeceron un novo mundo máxico onde conviven meigas e dragóns. Alí cantaron e bailaron ao son de muñeiras, xotas ou pasarrúas, e ata a propia Sandra estivo a piques de ser raptada por Terco, un malvado dragón de dúas cabezas.

 Coma sempre os Gaiteiros da Xistra non decepcionaron. Estivo xenial.

 

CONCERTO DIDÁCTICO PARA OS ALUMNOS DE 5º E 6º DE PRIMARIA

Os alumnos e alumnas de Quinto e Sexto de Primaria asistimos ao Auditorio ABANCA para disfrutar do concerto didáctico “Estamos no verán!!!” de Xoán Curiel e a banda Son +2.

Saímos do cole e fomos andando ata o peirao para coller o barco. Cando chegamos a Vigo de camiño ao auditorio paramos a merendar na alameda da Praza de Compostela e ao rematar xogamos un pouco. Logo, fomos ao auditorio e disfrutamos do concerto de Xoán Curiel e a súa banda onde aprendemos os diferentes estilos musicais a través da súa música: Blues, Jazz, Reggae, Funky, Rock, Pop… Ao rematar o concerto, voltamos ao peirao de Vigo para coller o barco e subir nun autobús ata o cole, pero antes, como se retrasou o bus, puidemos ir ao parque un rato a xogar. Foi toda unha aventura!!

       

    

     

Distribuir contido

Back to top