Novas e actualidade.

Iniciamos as aulas dixitais en 5º e 6º de Primaria.

Dentro do noso interese polo uso das TICs como unha ferramenta máis na aula, este curso 2013-2014, iniciamos un proxecto de aulas dixitais en 5º e 6º de Primaria.

Cabe recordar, que tódalas aulas contan con ordenadores e pouco a pouco estamos equipándoas con encerados dixitais (neste momento contan con encerados a aula de 1º, 2º de Primaria e Inglés).

O CEIP Plurilingüe Abanqueiro inicia un novo sistema de comunicación coas familias.

Antes de nada queremos darvos a benvida a este novo curso 2013 - 2014 que empeza. 

Empezamos con gañas renovadas e con novas ideas. Queremos, máis ca nunca estar en contacto coas familias e que a comunicación familia-escola sexa o máis efectiva posible. É por iso, que neste novo curso 2013-2014, dende o CEIP Plurilingüe Abanqueiro, iniciamos un novo sistema de comunicación coas familias.

Horario votacións para a Xornada Única

19/03/2013 00:15
19/03/2013 19:00

O vindeiro martes 19 de marzo efectuaranse as votacións para a Xornada Única. Poderás votar de 9:15 h. a 13.15 h. e de 15:00 h. a 19:00 h.

APRÁZANSE reunións e votacións Xornada Única.

Infórmase a tódolos pais/nais de alumnos/as deste centro que postos en contacto coa Consellería de Educación e despois de ser informados no dia de onte do novo horario que esta consellería concede para a nosa xornada única, e como consecuencia dispoñendo de moi pouco tempo da nosa parte  para informalos a vostedes dos cambios que este horario conleva no Proxecto , RESOLVEU A CONSELLERÍA  que as votacións do sector de pais/nais  se retrasen o tempo necesario para  que todos os interesados/as sexan coñecedores do proxecto que este centro presenta e  poidan vostedes  votar en consecuencia.

Proposta Xornada Única curso 2013-2014

Adxuntamos Proxecto de Xornada Única para o vindeiro curso 2013-2014 para a súa consulta.

Informamos tamén de que teñen dispoñible exemplares á súa disposición no Centro.

Calquer dúbida ao respecto poden plantexarlla ao Equipo Directivo ou ao titor/a do seu fillo/a nos horarios establecidos de atención a pais.

Un saúdo, sempre á súa disposición, O Equipo Directivo.

Visita de Xosé Neira Vilas a Abanqueiro.

O próximo 28 de marzo, o afamado escritor galego Xosé Neira vilas, visitará a noso colexio. Despois de varios días de conversa, acordamos ter unha charla no Centro e unha posterior comida co profesorado.

Na súa visita ao CEIP PLURILINGÜE ABANQUEIRO, falaranos da súa vida e obra, centrándose especialmente no libro "Memorias dun neno labrego" e no seu personaxe principal Balbino.

Como preparación desta importante visita, o Centro elaborou diferentes actividades entre o alumnado do terceiro ciclo, que é a quen vai dirixida especialmente a visita, se ben no segundo ciclo tamén se traballaron algúns contidos relacionados.

Distribuir contido