Nota informativa.

Queridas familias:

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, mandámosvos moita forza e ánimo nestes tempos que corren.

Neste apartado de Normalización, iremos poñendo iniciativas que poden ser do voso interese, para que os nenos e nenas vaian facendo cousas divertidas e entretidas en galego. Debedes saber, que estas actividades teñen un carácter VOLUNTARIO.

Estade atentos neste apartado da web do cole, botádelle un ollo de vez en cando que iremos colgando cousiñas interesantes.

Unha aperta moi grande!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega.