Ciencias Naturais

Bos días! Cómo van esas lentellas? Gustaríame coñecer cómo están xerminando as vosas lentellas, para esto déixovos unha dirección de correo electrónico onde podedes mandarme as vosas fotos co experimento número 2. Seguro que xa están medrando... alainosa.mag@gmail.com

Por outro lado e continuando un pouco co tema onde o deixamos na aula deixo un enlace dun vídeo para que vexades a reproducción asexual das plantas, se lembrades na aula explicamos a reproducción sexual donde vimos as partes la planta que forman parte dela (pistilo, estame, polen...). Ben, deixo o enlace para que vexades:https://www.youtube.com/watch?v=ZzhJAUq0fps. Despois de ver o vídeo podríades anotar a característica máis importante que distingue a reproducción sexual da asexual e tamén os catro tipos que saen no vídeo de reproducción vexetativa. Unha vez teñades anotados os catro tipos de reproducción asexual vexetativa, teredes unha pequena misión, buscar información sobre elas. Xa sabedes podedes preguntar na casa, buscar información na rede, utilizar os vosos libros  de texto ou incluso diccionario ou enciclopedia que teñades pola casa. Ánimo seguro que atopades algunha información. Un abrazo forte, quedo á espera das vosas fotos.