Facemos pompas de cores.

A semana pasada as mestras propuxeron como actividade facer pompas de xabón.

Para poder facelas necesitábamos:

  • 1 vaso de auga.
  • 1/2 vaso de deterxenta para lavar os platos líquido.
  • 1 chorriño de glicerina ou gomina.
  • Colorante en gotas ou témperas de cores.
  • Palliñas.

Os resultados foron os seguintes:

Nicolao, da clase de catro anos, facendo pompas de xabón.

Antón, da aula de cinco anos, facendo pompas coa súa irmá Paula.

Lucía, da clase de tres anos, facendo a mestura para crear as pompas e xogando con elas.

Manuel, tamén da clase de tres anos, xogando coas pompas de xabón.

Cristina, da clase de 5 anos, facendo pompas de xabón.

Noa Fernández, da aula de tres anos, tamén se animou a facer as pompas de xabón.

Andrés, da aula de tres anos, e Pablo, da de cinco anos, tamén fixeron pompas de xabón e pasárono xenial facéndoas voar polo balcón.

Noa Romay, da aula de tres anos, tamén se animou a facer as pompas de xabón.